O órgano do Estado encargado das linguas cooficiais leva dous anos sen reunirse
O Consello das Linguas Oficiais, creado por decreto en 2007, tivo só tres xuntanzas e non mantén ningún encontro dende verán de 2010
O Consello das Linguas Oficiais, creado por decreto en 2007, tivo só tres xuntanzas e non mantén ningún encontro dende verán de 2010
No acto de despedida de Esquerda Nacionalista, o grupo xa disolto e Máis Galiza din "estar abocados á construción" dunha nova formación nacionalista. Beiras pide nunha entrevista conseguir primeiro unha base social que non converta o proxecto "en efémero".
Abandona a militancia do PP ao non sentirse "identificado" coa liña dos populares galegos. O empresario e fillo do ex conselleiro mantén conversas "no ámbito galeguista" e hai quen o ve como un dos impulsores dun novo proxecto nacionalista. No entanto, prefire agardar e asegura que Acción Galega "non existe como movemento político concreto".
O presidente da Xunta di que a poboación ten que colaborar economicamente cos gobernos para "financiar a sanidade e a educación" porque "os gobernos non teñen diñeiro para mantelas e pagar toda a débeda que lles deixaron". Respecto á devolución de competencias ao Estado, o xefe do Executivo galego cre que "non é obxecto de debate".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, di que os estatutos do PP están para cumprirse. O xefe do Goberno galego gaba o Banco de Terras que os populares vían na oposición como propio "da Unión Soviética"
O portavoz nacional do Bloque amósase convencido de que "a referencia do nacionalismo é e vai seguir sendo" a formación frontista e ve na fin das caixas galegas e en Conde Roa as mellores mostras do balance de tres anos de Goberno de Feijóo
O alcalde de Santiago, imputado por unha presunta fraude fiscal, amósase "tranquilo" e confía en que se arquive a causa contra el. O presidente da Xunta asegura que será "coherente e consecuente" coa Xustiza e cos estatutos do PP mentres PSdeG e BNG esixen a dimisión inmediata do rexedor compostelán.
Tralo falecemento o pasado 27 de marzo dun brigadista en Castrelo do Val, o concelleiro popular Manuel Pérez Araújo asegurou que os medios dos que dispón o concello ourensán non se usaron adecuadamente. Isto provocou a reacción dos socialistas e do alcalde, Vicente Gómez, quen manifestou que “se o PP quere falar de culpas ou neglixencias debe recordar cando no ano 2006 lle poñía encima da mesa a Touriño todas as mortes por incendios forestais”
O conselleiro da Presidencia céntrase en criticar que o bipartito non regulase a propaganda gobernamental ante as reclamacións da oposición, que lle lembra que prometeu ter a normativa en vigor "na primeira metade da lexislatura"
O PSdeG censura a "hipocrisía" dos populares por "recortar sanidade, educación e dependencia" mentres "dedican fondos públicos a crear un circuíto de golf"
Os afectados polas participacións preferentes das caixas trasladan as súas protestas ao Parlamento, esixen unha xuntanza co presidente e increpan o conselleiro de Industria nos corredores entre unha forte tensión. O xefe do Executivo equipara o "engano" das entidades financeiras co BNG por esixirlle na sesión de control que "actúe" para que "lles devolvan ata o último céntimo" aos clientes "estafados".