O Consello da Xunta duplicou a divulgación de acordos propagandísticos sen valor legal durante os mandatos de Feijóo
Os informes que o presidente esgrime nas súas comparecencias para introducir no debate público asuntos do seu interese aumentaron aínda máis desde que iniciou a súa marcha a Madrid, ao tempo que seguen ocultándose decisións conflitivas. Os 12 informes divulgados tras o Consello da Xunta celebrado en Vigo o pasado xoves 21 de abril supoñen un récord nos 13 anos de gobernos do agora mandatario saínte