En Marea consultará ás bases se Quinteiro debe dimitir, pero o resultado non será vinculante
O Consello das Mareas aproba preguntar ás bases da formación e os críticos consideran que o proceso non ten garantías
O Consello das Mareas aproba preguntar ás bases da formación e os críticos consideran que o proceso non ten garantías
Hai menos de cinco meses o alto tribunal anulou por falta de planificación a condución de Gas Natural a instancias do Concello de Barreiros, paradigma do crecemento urbanístico sen planificar
Este venres comezou na Coruña o Foro Tecendo Litoral, que busca contribuír ao debate público sobre os usos dos terreos portuarios. Expertos apostan por un proxecto que manteña actividades produtivas nos peiraos e que sexa produto dun consenso social. O alcalde pide "que non se hipoteque o futuro da cidade". Audio no interior
"Non vou coller a acta, pero non vou renunciar a ela" ata que Quinteiro non dimita, advertiu Hermida, quen admite que a situación mudaría se unha consulta interna apostase pola permanencia da deputada na Cámara. Villares admite a necesidade de resolver a "interinidade" do grupo e Antón Sánchez considera o movemento de Hermida "unha chantaxe" e unha "fraude"
O proceso ten que estar rematado a finais de 2019 e vén obrigado pola anulación por parte do Tribunal Supremo da prórroga de concesións obsoletas impulsada polo Goberno galego
O titular da Xunta evita valorar o impacto da polémica, que a oposición aproveita para lembrar a súa relación con Marcial Dorado. Varios dirixentes do PPdeG ovacionaron a dirixente madrileña pouco despois do estourido do escándalo
O informe policial remitido ao Parlamento pon o foco nas "causas estruturais" do lume e chama a ter en conta o "tipo de vexetación e a topografía", "o abandono rural", a ausencia de prevención e "o aumento de urbanizacións illadas" ao pé do monte
A asemblea de representantes de socios adía a decisión final sobre a venda ao 8 de maio para que o interventor peche as negociacións coa Facenda arxentina e garanta que non quedarán débedas nin para os compradores nin para a entidade, que gardará o legado cultural a través dunha asociación.
A renuncia de Juan Merlo chegou cando aínda non fora pechado o conflito interno ligado a Quinteiro, de quen a coordinadora da formación pedira a dimisión. Ao non cubrir o escano do que dimitiu Merlo a formación tivo no pleno 13 representantes, un menos que o PSdeG
O PSdeG advertiu de que unha das entidades que segue no proceso foi sinalada como suposta vía de financiamento irregular do PP de Madrid e as outras dúas, "implicadas" en casos de "maltrato" ou "explotación dos traballadores"
Nunha das sesións de control ao Goberno galego no Parlamento con menos agresividade que se lembra, En Marea, PSdeG e BNG non lograron que o presidente valorase as súas peticións nin este que a oposición gabase a súa xestión