A clara vitoria de Sánchez en Galicia acantoa a vella garda do PSdeG
O resultado das primarias no PSOE reforza as posicións da xestora e dos afíns a Leiceaga fronte a figuras como Caballero, José Blanco, Carmela Silva, Mar Barcón, López Orozco ou Pachi Vázquez a pouco do congreso e antes de que o partido afronte tamén a súa catarse interna.