
Sector eólico
Unha gran marcha pide un cambio no modelo eólico: "É masivo, sobredimensionado e sen planificar"
Máis de 130 entidades apoiaron unha mobilización que reclama a "paralización" de "todos" os proxectos que se atopan en tramitación. O PP defende a política da Xunta fronte ao "ecoloxismo de propaganda" de BNG e PSdeG.
Chega a eólica mariña a Galicia: comeza a tramitación ambiental dos dous primeiros parques de Iberdrola
O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de facer público o inicio da avaliación de dous posibles proxectos flotantes de 490MW cada un e denominados “San Cibrao” e “San Brandán”
A Xunta tenta legalizar un parque eólico fragmentado artificialmente argumentando que foi denunciado tarde
O Tribunal Superior sentenciou que a avaliación ambiental non fora adecuada, pero o Goberno galego e a empresa argumentan ante o Supremo que o recurso fora presentado contra a aprobación definitiva do parque e non contra o trámite ambiental previo
A eólica mariña colle pulo en Galicia como alternativa á crise industrial e ao impacto dos parques en terra
A Xunta acompaña o impulso que da 'offshore' fai a patronal do metal, que sinala tres zonas sen impacto coas que o país podería cubrir todo o seu consumo eléctrico e prognostica a creación de ata 5.000 empregos directos.
A Serra do Galiñeiro líbrase dos eólicos tras dez anos de "loita titánica contra a desinformación"
A Xunta informa da fin do polémico proxecto logo dunha década de rexeitamento veciñal liderado pola plataforma pola protección do espazo, que considera clave "achegar os datos que a Xunta non dá.
A Xunta permitirá muíños en lugares non previstos no Plan Eólico, pero non quere que o Estado poida facer o mesmo
O Goberno galego quere que os concellos poidan coñecer os futuros proxectos antes de que se expoñan ao público para o resto da cidadanía
O Observatorio Eólico alerta da acción en Galicia de "especuladores" que ofrecen contratos abusivos aos propietarios rurais
A entidade advirte de que estes intermediarios "ofrecen prezos ridículos" pretendendo obter dereitos exclusivos sobre todas as terras dos propietarios de montes e mesmo carecendo dun proxecto eólico.
“Mellor mal acordo que bo preito”: 400.000 euros pola expropiación dun monte comunal para un eólico que obtén 4 millóns ao ano
O Observatorio Eólico da Universidade de Vigo analiza como as enerxéticas evitan negociar cos donos dos terreos porque a Xunta adoita autorizarlles a expropiación sen valorar o potencial económico do lugar
O Observatorio Eólico presenta unha guía para protexer os propietarios rurais e que os beneficios do vento fiquen no país
O documento inclúe propostas de contrato e información práctica para fortalecer a posición negociadora das comunidades rurais. "Debemos evitar présas e que os beneficios emigren, como xa pasou noutras ocasións", destacan os seus autores
Así se fragmenta un parque eólico para facilitar a súa autorización ambiental: as denuncias espállanse por Galicia
Do Val Miñor a Trives ou a Costa da Morte, a Xunta tramita por separado muíños con emprazamentos próximos e muda a lei para simplificar as avaliacións de impactos malia unha recente sentenza do Tribunal Superior que anulou un parque polo seu efecto acumulativo
Carta aberta á ministra Teresa Ribera: non ao espolio!
Antón Sánchez