Silvio Rodríguez canta en galego por primeira vez e faino por Begoña Caamaño
O cantautor cubano e Uxía unen as súas voces en 'O teu nome é bandeira', unha canción da artista galega en homenaxe á autora homenaxeada nas Letras Galegas, coa que Rodríguez mantivo amizade. "Nun tempo no que Cuba continúa precisando da solidariedade internacional, en tempos tan escuros, esta colaboración é tamén unha ponte de afectos entre os nosos pobos", destaca Uxía.