Catalunya
A Fiscalía reafírmase en que o 'procés' foi unha "rebelión distinta", sen armas pero con "violencia"
A Fiscalía atribúe como violencia promovida polos líderes independentistas protestas na rúa, concentracións nos colexios e manifestacións fronte a cuarteis e comisarías, asume a tese do "golpe de Estado" e equipara o acontecido en Catalunya co 23-F
Escritores e activistas autoincúlpanse dos delitos que lles imputan a Sànchez e Cuixart
Trinta persoas, entre elas os galegos Manuel Rivas, Suso de Toro e Xosé Manuel Pereiro, acordan nun manifesto "corresponsabilizarse dos feitos e imputacións que pesan" sobre os dous activistas cataláns xulgados, xunto a outras doce persoas, polo 'procés'.
Miles de persoas claman en Madrid pola liberdade dos presos independentistas cataláns e a autodeterminación
Unha marea de bandeiras catalás asolagou o centro de Madrid para clamar contra o xuízo do procés e a prol da autodeterminación catalá. Dende Galicia o BNG, Anova e colectivos como Mar de Lumes e Galiza con Catalunya secundaron a protesta
Trapero defende o "acatamento da lei" dos Mossos durante o proceso soberanista catalán
Trapero trazou unha liña clara entre a actuación da Policía que el dirixía e o seu responsable político naquel momento, Forn. "Fagan o traballo que teñan que facer", foi a resposta de Puigdemont, segundo o ex-xefe da Policía catalá
O Goberno de Rajoy ofreceu a Puigdemont "simular" un referendo o 1-O
O secretario de Estado de Seguridade no 1-O relatou ante o Tribunal que o Goberno de España "trasladou" a Puigdemont que "podería simular ese referendo nas prazas dos municipios ou en lugares abertos" que non contradirían o veto xudicial
Urkullu desmente a Rajoy e detalla no Supremo como mediou coa Generalitat tras o referendo
O lehendakari precisa ante o Tribunal Supremo datas e mesmo a hora das conversas que mantivo con Carles Puigdemont, Soraya Sáenz de Santamaría e Mariano Rajoy. "A partir do 4 de outubro fun presentando propostas, tanto ao Govern da Generalitat como ao Goberno. Até catro ou cinco, até chegar ao 27 de outubro"
Rajoy liga a activación do 155 en Catalunya a actos de "acoso" dos que soubo polos medios
"Se non se chamase á xente a un referendo ilegal non teríamos que ver as lesións", di o ex-presidente do Goberno central na súa declaración como testemuña no xuízo aos líderes independentistas cataláns sobre a intervención policial na xornada do referendo
Forcadell abre a vía do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos cunha demanda contra a súa prisión provisional
A avogada de Forcadell anunciou o recurso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos na xornada en que a ex-presidenta do Parlament catalán declara ante o Supremo
A "violencia" en Catalunya, segundo a Fiscalía: "Murallas humanas" contra policías e Mossos coa "rebelión"
A exposición do fiscal centrouse en acusacións de “ridículo” cara aos avogados defensores, o desprezo polas opinións xurídicas que descartan a rebelión e o enxalzamento dun editorial do diario El País
Os posibles recursos a Estrasburgo, protagonistas no inicio do xuízo aos líderes independentistas cataláns
Ou o Tribunal Supremo recoñece que foron vulnerados os dereitos fundamentais dos líderes independentistas xulgados ou vaino facer despois o Tribunal de Estrasburgo, subliñaron os letrados a modo de aviso no inicio do proceso
Comeza o xuízo aos líderes soberanistas cataláns cunha carga política sen precedentes
A Fiscalía quere demostrar que en Catalunya se produciu unha rebelión, unha acusación que foi cuestionada por máis dun cento de penalistas españois e que tampouco compartiu a xustiza alemá