![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/montaxe-resultado-enecovid-9acdafe.jpeg)
O primeiro estudo epidemiolóxico apunta á morte dunha de cada cen persoas con coronavirus en Galicia
As estimacións do Goberno central sitúan a taxa de letalidade en Galicia no 1%, igual que a media estatal malia que Feijóo apuntara á porcentaxe máis baixa do Estado. Unhas 56.700 persoas terían pasado a doenza no país.