
Reabren os centros educativos entre críticas dos sindicatos pola falta de garantías sanitarias
Escolas, institutos e universidades recuperan a actividade para funcións administrativas, mais o persoal critica que a Consellería se limitou a publicar unha serie de recomendacións xenéricas para previr contaxios. A partir do 25 de maio o alumnado podería regresar de forma voluntaria, pero as centrais denuncian que "non se dan as condicións" para facelo