
Toda Galicia pasa este luns á Fase 1 do desconfinamento
O criterio territorial escollido é a provincia, dentro da cal os seus habitantes poderán desprazarse con liberdade. O confinamento seguirá sendo a norma, pero haberá importantes excepcións: poderá haber contacto social en grupos de 10 persoas ou menos, ademais abrirá o pequeno comercio e as terrazas dos bares, pero con estritos límites de capacidade.