![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/leyen-320b0de.jpeg)
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo emenda a política exterior da Xunta
A estratexia en materia internacional do líder do PP para aspirar á presidencia do Goberno de España contrasta con feitos e declaracións del mesmo como presidente galego e condiciona a axenda do seu sucesor. A reunión cancelada entre Rueda Von der Leyen tras o encontro da presidenta da Comisión Europea con Feijóo fará sombra a calquera acto europeo do presidente da Xunta e as novas esixencias do líder estatal do PP cara aos líderes latinoamericanos limitan a axenda transoceánica que queira ter o Goberno galego