O presidente do Goberno de España insta a que as políticas ambientasi "transcendan lexislaturas e Administracións". Rueda atribúe actual onda a un contexto meteorolóxico "absolutamente inédito" e, fronte ás críticas pola demora na constitución de brigadas municipais, reitera que a Xunta ten activa a "totalidade do operativo" de extinción. Pontón, que tamén visitou a zona, avoga por "outro modelo forestal" e "medidas estruturais" de prevención e loita contra o despoboamento: "O que estamos a vivir vaise agravar co cambio climático"