Os recortes
A Xunta convoca os funcionarios a negociar á hora das marchas contra os recortes
CCOO avanza que non acudirá á Mesa da Función Pública e ve "escaso" o "talante democrático" do Goberno galego. Alfonso Rueda "respecta" as protestas contra os recortes, defende as medidas de Rajoy e culpa delas a Zapatero
O Congreso aproba os duros recortes con todos os partidos en contra agás o PP
O Executivo queda só co apoio do PP ao último paquete de recortes, defendido no pleno polo ministro de Facenda, que volveu meter medo ao advertir xa da liquidación de servizos públicos "porque non hai cartos para pagalos". Rajoy auséntase do debate e regresa tan só para votar a favor dunhas medidas que a oposición considera "un ataque brutal" ao pobo.
Xuntos contra os recortes "que nos afectan a todos"
Milleiros de persoas maniféstanse este xoves contra os duros axustes do Goberno de Mariano Rajoy. As protestas, convocadas polos tres principais sindicatos galegos, prometen ser masivas e unir unha morea de colectivos. Pais de alumnos, afectados polas preferentes ou autónomos explican os seus motivos para a protesta.
Rajoy: "Decidimos entre un mal e un mal peor"
O presidente do Goberno asume que vén de aplicar a vía "máis dura e difícil" para intentar saír da crise, malia recoñecer que non terá efectos positivos a curto prazo. A sesión de control no Congreso adianta que o PP estará só á hora de aprobar os novos recortes. De Guindos advirte que os cambios lexislativos sobre as preferentes non terán efectos retroactivos e asegura que a UE impón quitas aos afectados de bancos con axuda pública.
"Milleiros de galegos morrerán agardando pola Lei de Dependencia"
O PSdeG coida que estender de seis meses a dous anos os prazo para atender os dependentes "fulmina" o cometido da lei, que afecta directa ou indirectamente en Galicia a 80.000 persoas
"A reforma sanitaria pode custar vidas"
Cinco organizacións non gobernamentais xuntan case 60.000 sinaturas para esixir que o recorte sanitario garanta as prestacións dos servizos de saúde para toda a poboación, tamén para as persoas inmigrantes, exclusión que, advirten, contradí tratados internacionais asinados polo Goberno español
A oposición galega chama a rexeitar na rúa os "ataques" de Rajoy
Jorquera formaliza a petición dun referendo sobre as medidas do Goberno central por non estar contempladas no programa electoral do PP
CIG, CCOO e UGT acudirán unidas ás manifestacións do xoves contra os recortes
Unidade sindical. Os tres principais sindicatos galegos acordan unha convocatoria conxunta de mobilizacións para o vindeiro día 19 contra os duros axustes anunciados polo Executivo central a pasada semana e baixo o lema Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen
A catástrofe Rajoy
Xoán Antón Pérez-LemaSe saio ao estranxeiro... quítanme o paro?
O cóctel formado polo paquete de recortes do Goberno central e as redes sociais sementa a confusión entre as persoas preceptoras do subsidio de desemprego a respecto das novas restricións, que existen pero só afectan a casos moi concretos
Os profesionais do traballo social alertan da "destrución do Estado do Benestar"
O Colexio de Traballo Social de Galicia advirte de que os novos recortes "poden mandar a procesos de marxinalidade e pobreza a milleiros de familias" que xa viven "unha situación extrema"