SAIC
Transición verde e 'made in Europe': a UE define o peso da industria galega na planta de MG
As políticas e a normativa comunitaria que priorizan a produción europea marcarán a achega das empresas galegas á fabricación de vehículos en Ferrol e nas Pontes, área propicia para ser beneficiada por Bruxelas con investimentos en enerxía verde e renovable.
Besteiro atribúe os investimentos industriais a Sánchez e Rueda recoñece a axuda pero pide non esaxerar
O presidente defende como "proxecto de país" a planta de SAIC en Ferrol e o socialista pídelle cumprir os prazos "e que finalmente non o estraguen"
"A planta integrará investigación, fabricación avanzada ou loxística", di MG, a marca de SAIC para Europa
A marca de orixe británica mercada pola chinesa SAIC salienta que o seu proxecto en Galicia supón "o reinicio da fabricación en Europa"
Do fracaso de Pemex e a reconversión naval á fabrica de SAIC: o norte albisca outro futuro industrial
O presumible desembarco do grupo de automoción chinés en Ferrol e As Pontes impulsa unha ampla zona castigada nos últimos anos pola crise e as promesas incumpridas no naval ou a inexorable fin do carbón que pechou a térmica de Endesa.
SAIC Motor pide instalarse en Ferrol e As Pontes para producir 120.000 vehículos ao ano con 2.300 empregos
Tras meses de "colaboración máxima" de Xunta e Estado a primeira declara proxecto industrial estratéxico a iniciativa da empresa chinesa que suporía un investimento de 200 millóns para comezar a funcionar en 2028
Rueda defende a súa viaxe á China ante as críticas do PP á de Sánchez e di que non vai facer política
O presidente da Xunta asegura que non ten "capacidade, nin intención, nin tería sentido facer unha viaxe con intencionalidade política"
Rueda viaxa á China en plenas críticas do PP e Feijóo a Sánchez por facer o mesmo
Os populares veñen criticando a PSOE e BNG por reunións con cargos políticos chineses malia que o propio Feijóo tamén as mantivo cando viaxou en 2017 a Beijing ou os recibiu en Galicia
Rodas, celulosa, eólicos, encoros ou hidróxeno: os futuros das Pontes tras o plan máis inmediato de Endesa para demoler a térmica
O enclave industrial do norte do país asiste a unha sucesión de propostas empresariais en ocasións incompatibles das que tamén pode acabar dependendo a reactivación de Alcoa, necesitada de enerxía barata
Feijóo reclama ao Goberno de España un plan para a industria de Ferrol catro anos despois do flotel de Pemex
En 2017 finalizou a construción do único flotel de Pemex encomendado á Navantia malia ás promesas de múltiples buques. Agora, o persoal do estaleiro clama por carga de traballo ata o inicio en 2022 da construción das fragatas xa contratadas polo Goberno de España. BNG e PSdeG lembran as competencias da Xunta en materia industrial e os socialistas subliñan que "xa houbo un Plan Ferrol impulsado por Zapatero que non se repetiu con Rajoy"
Folga xeral en Ferrolterra, Eume e Ortegal: o norte revólvese contra a ameaza dun "ermo industrial"
CIG, CCOO e UGT convocan o paro neste Día da Clase Obreira Galega "contra a asfixia económica, industrial e social" dunhas comarcas golpeadas pola crise da industria e que na última década perderon máis de 16.000 habitantes e uns 5.000 empregos.