A UE dá a benvida a investimentos estranxeiros como o de SAIC e confía nos estados para garantir a seguridade
A ministra de Defensa traslada a Rueda que o seu departamento permitirá a instalación da fábrica en Ferrol
A ministra de Defensa traslada a Rueda que o seu departamento permitirá a instalación da fábrica en Ferrol
Voces da dirección dos populares advirten desde hai tempo dos problemas de seguridade que podería supoñer a instalación da fábrica chinesa en Ferrol, na liña das alertas que vén de lanzar Defensa. O xigante asiático recea dunha posible chegada de Feijóo ao poder polo seu escaso entusiasmo co proxecto, en contraste coa posición de Sánchez e Rueda.
O Ministerio advirte do risco de seguridade pola proximidade da planta ao Arsenal, un temor que o PP estatal xa difundira para deitar dúbidas sobre a chegada de SAIC, como adiantou Praza.gal. O presidente da Xunta considera "difícil de entender" a advertencia cando "en ningún momento" da negociación conxunta entre executivos central e autonómico e a empresa chinesa se alertou deses perigos.
A Xunta escenifica a remuda nas súas principais apostas político-industriais, da mochila da celulosa portuguesa ao desembarco da automobilística chinesa, cuxa chegada ten altas doses de aposta xeopolítica en coordinación co Goberno de España. E se Feijóo chega a pisar La Moncloa? Ese é un dos temores do movemento contra o proxecto e tamén un escenario que causa escasísimo entusiasmo nos directivos chineses aos que Rueda vén de abrir as portas de Monte Pío
Nun acto solemne de recepción oficial, o vicepresidente da multinacional chinesa promete un futuro de "prosperidade" e unha "filosofía de desenvolvemento local" para contar con empresas e persoal galego no seu proxecto industrial en Ferrolterra.
A factoría, que podería montar uns 120.000 turismos cada ano, realizará a "ensamblaxe completa" dos coches, con compoñentes que chegarán ao Porto Exterior, dende onde se distribuirán a toda Europa os vehículos rematados. Cando a planta estea en marcha, prevese crear mil postos de traballo directos e outros mil de tipo indirecto. A empresa destaca que o proxecto representa "unha aposta estratéxica polo desenvolvemento de capacidades industriais no sector da automoción en Galicia
O grupo chinés intensifica os contactos empresariais e institucionais e deixa clara a necesidade de respectar o calendario marcado para o seu proxecto en Ferrol e As Pontes. A multinacional amosa a súa inquedanza ante unha posible chegada ao poder de Feijóo e do PP, máis reticentes ao investimento chinés, en contraste co entusiasmo amosado pola Xunta e coa política de colaboración mutua impulsada por Sánchez.
O galego, investigador principal do Real Instituto Elcano en economía política internacional e experto nas relacións UE-China, afonda na chegada do grupo automobilístico a Ferrol e analiza o contexto económico global e as oportunidades que supón o investimento chinés en Europa.
As políticas e a normativa comunitaria que priorizan a produción europea marcarán a achega das empresas galegas á fabricación de vehículos en Ferrol e nas Pontes, área propicia para ser beneficiada por Bruxelas con investimentos en enerxía verde e renovable.