O impacto ambiental tomba eólicos que Noruega tramitaba ante o Goberno de España xunto a zonas protexidas do Courel e Trevinca
O Ministerio para a Transición Ecolóxica declara inviables os parques Barjas e Prada, de 121 e 171 MW, promovidos pola empresa estatal norueguesa Statkraft. Tamén rexeita outro de 60 MW de Enel a carón do Courel con posible impacto no oso pardo.