Bruxelas empeza a deseñar un Plan de Vivenda sen ambición para limitar os prezos do alugueiro na UE
Haberá un Plan de Vivenda Accesible e unha Estratexia para a Construción de Casas apoiadas nunha Plataforma Paneuropea de Investimento. A idea da Comisión Europea pasa por ofrecer recomendacións aos Estados membros sen introducir novas regulacións con medidas obrigatorias nin propostas para limitar os prezos dos alugueiros. A Comisión si confirma que na estratexia "os fondos e o financiamento serán a clave"
Bruxelas copia a Meloni e autoriza centros de deportación de migrantes fóra da UE
O novo sistema de retorno da UE pretende deportacións máis rápidas obrigando a que a decisión dun país sobre unha persoa migrante sexa vinculante para o resto de socios comunitarios. Por primeira vez, a Comisión Europea propón abertamente 'hubs de retorno', cárceres fóra dos 27 Estados membros onde expulsar migrante es demandantes de asilo irregulares
O envío de tropas a Ucraína tras a guerra divide a UE mentres Trump se achega máis a Putin
Bruxelas contaría con instrumentos legais e músculo financeiro para unha misión de paz, posibilidade que secundan varios países a xuntanza de París. Alemaña e España rexéitano mentres dure a guerra. Sánchez insistiu que os países europeos non acepten "calquera paz en Ucraína" e reprochou a actitude da Administración Trump porque "a voz de Europa debe ser escoitada" e non pode haber "seguridade de Europa sen Europa"
O Goberno de España encalla no recoñecemento oficial de galego, éuscaro e catalán na UE
As retesías de países con minorías rusoparlantes ou o medo a sentar precedentes para outros idiomas frean a unanimidade necesaria para a proposta