Da defensa dos recortes ao posto "á medida": unha década de polémicas e deterioro no Valedor
As controversias protagonizadas polos últimos titulares da institución contrastan coa discreción dos dous primeiros. O anterior Valedor viuse obrigado a dimitir e a actual, Milagros Otero, opta de momento por aferrarse ao cargo tras a sentenza xudicial que dá por acreditado que interferiu irregularmente para colocar a irmá do voceiro parlamentario do PP
A Valedora, obrigada a comparecer no Parlamento tras interferir para dar un cargo á irmá do voceiro do PP
Feijóo e o PP consideran necesaria a comparecencia de Milagros Otero mentres que En Marea, PSdeG e BNG tramitan xa o seu cesamento. Pedro Puy nega coñecer ou intervir no nomeamento da súa irmá pero pide tamén explicacións “aparte de aos medios, en sede parlamentaria”
A galega Isabel Pardo de Vera, nova presidenta de Adif
Un dos seus retos, ademais de rematar a xa moi avanzada liña de AVE entre Galicia e a Meseta, será o de xestionar a investigación de Angrois, que a empresa pública obstaculizou en varias ocasións
Feijóo pide agora que Pedro Sánchez o axude a pagar o seu novo edificio de 17 millóns da Cidade da Cultura
O bloque de oficinas para as universidades que substituirá o gran teatro previsto por Fraga e nunca rematado terá “autonomía formal” do deseñado por Peter Eisenman pero con “complicidade”
Unha obviedade e catro mentiras sobre o AVE galego
ANÁLISE | Entre as obsoletas liñas ferroviarias existentes previamente en Galicia e o AVE hai un amplo abano de luces e sombras que non sempre as declaracións políticas e os informes supostamente técnicos son quen de abranguer
Caballero e Pontón escenifican unha axenda europea de PSdeG e BNG fronte aos debates internos do PP
Angrois, infraestruturas, saneamento, demografía ou fondos comunitarios son algúns dos asuntos que os responsables da oposición din que a Xunta non está a defender como debera en Bruxelas
Vítimas de Angrois constatan a "frustración" da UE con España por non investigar aínda o accidente
O BNG facilita un novo encontro entres os afectados e a comisaria de Transporte e transmite a súa incomprensión por que non haxa sancións tras constatarse que Fomento incumpriu normativa comunitaria
Feijóo comeza a posar cos candidatos a presidir o PP pero non desvelará a súa aposta ata que voten os militantes
O presidente galego confía en que os afiliados apoien maioritariamente a un candidato ou en que os dous que pasen á segunda ronda pacten
O Consello da Xunta aumentou un 35% os acordos propagandísticos sen valor legal en tres lexislaturas
Os 'informes' cos que o presidente introduce nas súas comparecencias asuntos do seu interese pasaron dunha media de 3 en cada reunión do seu executivo na primeira lexislatura a 4,1 na actual
O informe da UE sobre Angrois estende responsabilidades de Adif a Renfe e durante varios gobernos
A Axencia Ferroviaria Europea considera que varias análises de riscos que non se fixeron si eran unha obriga tanto ao deseñarse a liña como cando se desconectou o sistema de seguridade nos Alvia
- A UE desmonta ante o xuíz boa parte dos argumentos cos que Fomento culpa só ao maquinista polo accidente de Angrois
- “É un escándalo que tivésemos que ir a Europa para que nos fixeran caso”, din as vítimas
A UE desmonta ante o xuíz boa parte dos argumentos cos que Fomento culpa só ao maquinista polo accidente de Angrois
“O risco de descarrilamento causado por exceso de velocidade dun tren debe formar parte da avaliación do risco tanto de Renfe como de Adif”, di a Axencia Ferroviaria Europea
Feijóo desenténdese do cumprimento da lei da TVG: "Eu non a dirixo"
O presidente da Xunta amosa a súa ignorancia sobre a reclamación de que se cree o consello de informativos previsto na lei de 2011. “As cuestións da TVG debe contestalas a TVG”, engade, deixando en evidencia o silencio da compañía