Feijóo xustifica que a Xunta siga sen facer enquisas electorais porque xa as fan os medios de comunicación
O Goberno galego aproba o seu plan estatístico para 2019 sen incluír ningún barómetro de tipo político e o presidente di que suprimiu os que facía o bipartito polo seu custo
Camerún e Hong Kong, á cabeza das clasificacións coas que a Xunta defende o funcionamento da sanidade galega
O PSdeG denuncia que os informes nos que se ampara o conselleiro para gabar o Sergas non valoran a calidade da atención senón a eficiencia do gasto
Feijóo rexeita “facer política coa sanidade” e advirte do risco de que a oposición manipule as protestas, que cre inxustificadas
O presidente promete “humildade, xestión e verdade” como resposta ás mobilizacións cidadás que reclaman melloras no sistema público de saúde
Os 4 millóns en axudas que a Xunta repartiu en 12 minutos a 19 concellos deixaron fóra a outros 215 municipios
O criterio de entregar os cartos por orde de chegada das peticións na media noite dun sábado deixou sen repartir 121.000 euros
A UE pon o foco en como España vixía a radioactividade da costa galega
“Os servizos da Comisión Europea sinalaron a vixilancia mariña na costa de Galicia como obxectivo de verificación en 2019”, responde agora o comisario Cañete a José Blanco tras sucesivas preguntas de eurodeputados galegos interesándose pola situación dos vertidos realizados entre 1949 e 1982
Tres anos agardando polo concelleiro que nin toma posesión, nin deixa que o faga outro
A Corporación municipal de Santiago conta cun edil menos dos que debería por un baleiro legal que permite que un concelleiro electo do PSdeG non tome posesión do cargo de xeito indefinido nin renuncie a el, impedindo así que corra a lista
O Sergas mellora o concerto de Povisa mentres a xustiza di que nada cambiou desde que a empresa o asinou en 2014
O Tribunal Superior di que o custo que á empresa lle supón o “cumprimento estrito do convido” coa Xunta “puido e debeu ser tomado en consideración no momento de subscribir o concerto”
Fomento atribúe máis da metade dos accidentes marítimos en Galicia a que a tripulación non percibiu o risco
As investigacións xa rematadas de 19 sinistros dos tres últimos anos, con sete mortos, atribúen oito afundimentos e outros varios tipos de sinistros ao exceso de confianza dos patróns ou mariñeiros, combinado nalgúns casos con malas condicións marítimas, fronte a cinco casos de fallos materiais ou avarías
Un cargo de Fomento di que hai “medo” de levar a contraria á versión oficial de Angrois que culpou ao maquinista
O autor dunha norma na que se escudou Adif para rebaixar a seguridade da curva nega no Congreso a interpretación dela que fai esa empresa pública, cuxo daquela director de Seguridade vén de ser acusado polo xuíz instrutor en similar grao que o condutor
Apoio masivo á folga na CRTVG, que obrigou a mudar a programación habitual
Os sindicatos cifran nun 90% o seguimento dun paro que veu acompañado dunha concentración ante o Parlamento e unha manifestación por Compostela "contra o desmantelamento, a manipulación e a represión" nos medios públicos
A oposición reprocha a precariedade laboral na sanidade e Feijóo salienta o investimento do Sergas en edificios
O presidente culpa á oposición de obstaculizar a construción de novos edificios sanitarios nos concellos nos que goberna
A N-642 entre Ribadeo e Vegadeo, o treito máis perigoso do Estado para o RACC
Tres treitos galegos, entre os dez con máis riscos de accidente segundo un estudo do Reial Automòbil Club de Catalunya que analizou 25.000 quilómetros de estradas estatais