Feijóo responde con Venezuela ao ser preguntado pola acollida de persoas refuxiadas
A Feijóo non se lle preguntou este xoves por Cataluña, pero el mesmo referiuse ao conflito catalán como xustificación da negativa do Goberno a debater sobre a AP-9
Feijóo renuncia á política no traspaso da AP-9 e di esperar por un informe xurídico xa rematado
DOCUMENTO | O presidente e os portavoces de PSdeG e BNG eluden, nun debate no Parlamento, un documento de hai sete días no que os letrados da Cámara se amosan críticos coa vía xudicial pero salientan que hai “outras vías” de “impulso político”
A Xunta sanciona as navieiras das Cíes por só tres días de viaxes irregulares
O Goberno galego impón multas que suman 930.000 euros e desvía á Fiscalía a decisión dunha posible denuncia penal
A oposición pide facer “política” para obter a AP-9 e Feijóo inhíbese nos letrados do Parlamento
O presidente celebra o aniversario da súa terceira vitoria electoral criticando o bipartito e a Zapatero
A xuízo 11 anos despois os propietarios dunha canteira que arrasou tres quilómetros dun río en Samos
Un dos socios da explotación, que non tiña licenza, foi despois concelleiro do goberno local do PSOE e en 2010 deu positivo ao volante
Veciñanza de Culleredo perde os seus soares por un embargo de Fontenla
O presidente da patronal coruñesa deu un préstamo ao construtor e logo embargoulle por impago o terreo, que os afectados lle permutaran a cambio de pisos que nunca recibiron. É o segundo préstamo polémico en que está implicado o promotor, Manuel Landeira, sen que a xustiza vexa unha actuación concertada para delinquir.
Vítimas de Angrois critican o “medo do PP á política”
Os afectados cualifican de “truco” a proposta popular dunha nova análise xeral da rede ferroviaria para non investigar o sinistro de Santiago e salientan que sería o cuarto estudo que non entra en responsabilidades políticas
Adif aparca o AVE Ourense-Lugo e lanza melloras do tren actual
Encarga os proxectos para suprimir 36 pasos a nivel e electrificar a liña e obvia o compromiso electoral do PP e a petición de reformas de maior calado realizada polo Eixo Atlántico de cidades
O PP pide agora outra comisión de estudo sobre a rede ferroviaria en vez de investigar Angrois
Fronte á petición das vítimas, os populares queren que o Congreso retome a análise xeral do sistema ferroviario que hai dous anos concluíu reclamando máis seguridade pero barata
Primeiros actos en apoio do referendo catalán en Galicia e primeiro veto
VÍDEO | Galiza Nova organiza sen obstáculos un acto na Universidade de Santiago con membros de ERC no que se exhibiu un cartel da consulta. Na Coruña unha concentración polo “dereito dos cataláns a decidir o seu futuro" remata ao son de L'estaca.
Ryanair anuncia centos de cancelacións nas próximas seis semanas, varias delas en Galicia
Este mércores non operará o voo entre Vigo e Barcelona, todos os martes e xoves desaparece unha conexión entre Santiago e Madrid e no Porto son máis de douscentos os voos afectados. Fomento ábrelle un expediente informativo á compañía.
Un erro nun enderezo demora de novo a instrución do accidente de Angrois
As preguntas que o xuíz quere que responda a Axencia Ferroviaria Europea foron enviadas á estación de tren de Valenciennes e non á sede do organismo noutra rúa desa cidade francesa