O accidente de tren do Porriño que deixou catro mortos cumpre un ano sen data para a fin da investigación
O convoi, que circulaba a 118 quilómetros por hora, foi desviado por Adif a unha vía secundaria limitada a 30. A principal hipótese é a dun despiste do maquinista portugués, pero o seu falecemento impide confirmalo.
DOCUMENTO | Estes son os colexios con bus escolar compartido con outros usuarios
A Xunta divulgou tamén o distintivo dos autobuses de transporte escolar que a partir do luns, co comezo do curso 2017-18, poden ser utilizados tamén polo resto da cidadanía
O cargo de Adif imputado en Angrois líbrase de xuízo noutro accidente pola 'doutrina Botín'
O mesmo xulgado que co aval da Audiencia o imputou pola morte dun maquinista en Arévalo arquívao por non ser acusado polo fiscal nin por acusación particular senón só pola acusación popular do Semaf
O curso escolar comezará con máis de cen obras sen rematar nos colexios
A Xunta programou 617 traballos de mellora por 15,7 millóns e rematou só o 80%. “O resto as iremos finalizando nas próximas semanas”, di Feijóo a catro días do inicio das clases.
BNG e goberno de Santiago piden que os Franco devolvan as esculturas do Pórtico da Gloria
O Bloque considera unha "vergoña democrática" que as dúas figuras formen parte da colección particular dos herdeiros do ditador. O executivo de Composela xa está a "estudar vías xurídicas que permitan que as dúas tallas volvan formar parte do patrimonio público"
Feijóo garante que o conflito catalán “non ocorrerá nunca en Galicia”, da que rexeita que sexa unha nación
O presidente di que a aprobación do referendum é “o máis grave despois do 23-F” e que Galicia é unha nacionalidade histórica “porque o decidimos todos os españois hai tempo”
Competencia leva a Xunta ante a xustiza polas súas restricións ás vivendas turísticas
Os matices que o Goberno galego tentou introducir no seu decreto non convencen ao órgano estatal, que xa lle pedira unha corrección en abril, cando Feijóo criticou a súa “dilixencia”. Airbnb amosárase contraria á norma galega, defendida polos hoteleiros tradicionais.
O PP volve entorpecer a investigación política do accidente de Angrois que piden as vítimas
A presidenta do Congreso, Ana Pastor, pide un informe xurídico para aclarar se a Cámara pode volver debater a creación dunha comisión se xa foi rexeitada previamente. Os socialistas insisten en que apoian a investigación e que esta só se demora unha semana.
A cátedra da USC sobre peregrinacións conveniada coa Igrexa comeza a actividade un ano despois de crearse
O deán da Catedral salienta a súa importancia para a “dimensión profunda” da peregrinación “máis aló da cantidade de xente que veña” xa que “do cuantitativo xa se encarga o Xacobeo e Turismo”. Para a directora de Turismo a Cátedra “dá resposta a unha vella aspiración da sociedade galega”.
Antón Costas: "Doulle á competencia un valor social que a esquerda non sabe ver"
ENTREVISTA | Antón Costas (Vigo, 1949), economista, presidiu o Círculo de Economía de Barcelona, onde reside malia que volve recorrentemente pola súa casa natal de Matamá, na que fala de Cataluña, da lingua ou de como os enterros en Galicia son “unha extracción de rendas de familias pobres”.
De Maceda ás illas Agalega: 515 anos da viaxe de João da Nova
Ás ordes de Portugal, en setembro de 1502 o galego Xoán de Nóvoa arribaba de volta a Lisboa tras chegar á India, descubrir as illas de Santa Elena e Ascensión e pode que mesmo acadar Ceilán. Mapa interactivo no interior
“A culpa é dos galegos, non da terra, a máis rica de España”
MAPA INTERACTIVO | Hai 180 anos, entre xullo e setembro de 1837, George Borrow percorreu Galicia vendendo biblias. Recuperamos a visión do país que recolleu no libro The Bible in Spain, acompañada pola Carta Xeométrica que Domingo Fontán rematara en 1834.