Ana Pastor recibirá a plataforma de vítimas de Angrois case dous anos despois de darlles "plantón"
Os afectados, que reclaman que se constitúa xa a comisión de investigación política creada no Congreso hai xa medio ano, veñen de recibir o anuncio de que serán atendidos este xoves pola agora presidenta da Cámara
A oposición lembra a amizade de Feijóo con Dorado e minimiza a súa proxección estatal en plena crise de Cifuentes
"Vexo difícil que a solución ao master de Cifuentes vaian ser as fotos de Feijóo no iate dun narcotraficante”, advertiu Pontón (BNG) nunha sesión na que o presidente volveu botar man da herdanza dos gobernos de Zapatero e do bipartito, finalizados hai seis e nove anos
O Concello de Mos, incluído o PP, mobilizarase contra Fomento pola demora de anos na mellora da seguridade da A-55
As obras iniciáronse en outubro de 2015 pero están paradas malia a alta sinistralidade que rexistra a entrada a Vigo desde Ourense e Portugal
O BNG insta á Comisión Europea a inspeccionar os residuos nucleares vertidos fronte a Galicia
A eurodeputada Ana Miranda súmase ao socialista José Blanco na petición de explicacións na Eurocámara
Estas obras levan unha década nos orzamentos do Estado e aínda nin empezaron
As contas de 2008 xa recollían unha vintena de proxectos que hoxe seguen a recibir partidas menores similares ás de hai dez anos sen que neles se movese aínda unha soa pedra
Unha investigación atribúe unha aterraxe de emerxencia en Santiago á descoordinación de controladores galegos e portugueses
Un avión da TAP que non puido aterrar no Porto por pouca visibilidade foi rexeitado en Vigo por falta de sitio e acabou en Lavacolla cunha alerta por pouco combustible
O persoal da Xustiza cumpre dous meses en folga cunha nova exhibición de unidade na rúa
GALERÍA | Sindicatos e partidos da oposición piden a dimisión do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, cuxa “prepotencia” consideran responsable do enquistamento do conflito
Ence xustifica a súa nova planta de biomasa en Lourizán coa “imparable extensión do eucalipto en Galicia”
A empresa prevé un impacto “negativo significativo” da nova construción sobre a paisaxe e “negativo non significativo” sobre o ciclo da auga
A Garda Civil considera delito a destrución dun xacemento arqueolóxico no Rosal que a Xunta viu legal sen sequera investigar
O Goberno galego recibiu varios avisos pero deu por válida a versión dunha construtora contratada por el mesmo para arranxar unha estrada que usou terra extraída dunha mina romana
Feijóo pide mudar o Código Penal e considerar os incendios como terrorismo tras negar a Fiscalía que o sexan
“De tramas falaron outros gobernos, o goberno que eu presido nunca”, di Feijóo, sen indicar que outros executivos, entre os que se sitúa o Goberno central de Mariano Rajoy, que si empregou esa expresión
O investimento do Estado en Galicia segue no nivel máis baixo en 15 anos pola fin das grandes achegas ao AVE
GRÁFICOS O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado entregado por Montoro este martes no Congreso prevé investir 936,79 millóns en Galicia, cunha suba interanual do 1,2% que é a segunda menor entre as quince autonomías nas que aumenta. Defensa consolídase como segundo ministerio máis investidor tras Fomento por mor das encargas a Navantia
Tras 17 anos incumprindo a normativa europea, Goberno central e Xunta inauguran a depuradora de Vigo
A UE obriga desde 2000 a que todas as aglomeracións urbanas de máis de 15.000 habitantes traten as súas augas residuais, esixencia que en Galicia aínda se incumpre en varias zonas