A folga de bus supera o sétimo día e o PP acusa a oposición de estar do lado “da gran patronal”
A Xunta prevé licitar este mércores o novo modelo tras avanzar no acordo con UGT e CCOO, do que a CIG se desmarca parcialmente e mentres as empresas manteñen o seu rexeitamento
O grupo do PSOE no Congreso confirma ás vítimas de Angrois que rectifica e apoia agora unha investigación política
A nova portavoz parlamentaria, Margarita Robles, recibe aos afectados e trasládalles a súa postura favorable, que espera que a executiva do partido ratifique nunha próxima reunión
A fiscalización da Confederación Miño-Sil foi incompleta durante oito anos por demoras do ente
O Tribunal de Cuentas denega a súa opinión sobre a entidade, creada en 2008 e a cuxa fronte estivo ata 2012 Liñares, imputado pola Pokemon, porque non elaborou un inventario ata 2016
De espazo sen aranceis a contrapoder político: 70 anos da Zona Franca de Vigo
Sen esquecer a súa orixe comercial, o consorcio cumpre sete décadas convertido nunha cobizada axencia de desenvolvemento local cuns investimentos públicos anuais que rondan os 50 millóns de euros
A Xunta insiste na discrecionalidade para adxudicar os novos buses e a patronal di que é ilegal
O Goberno galego permitirá a subcontratación do 30% dos servizos e os sindicatos alertan de que iso dificulta a subrogación dos traballadores
O BNG denuncia a España por incumprir as normas europeas de avaliación de riscos en Angrois
Ana Miranda reunirase o luns co xefe de gabinete da comisaria de Transporte, que vén de pedir a España outra investigación técnica “independente” do accidente
A Xunta avanza co seu contestado plan de transporte, no que pode elixir as empresas sen concurso
Agarrada ao principio de acordo cos condutores, unha lei aprobada en febreiro permítelle contratar os autobuses a dedo ou mesmo a “xestión directa dos servizos”, pero Feijóo di que non prevé facelo. Na tarde deste xoves, a patronal daba por roto o diálogo coa Xunta.
A planta láctea que anunciou a Xunta en precampaña redúcese a unha quinta parte do prometido
A Xunta dixo que transformaría 400.000 toneladas ao ano pero a empresa limítaa agora a 70.000. Medio Rural di que será ampliada, pero non dá prazos.
A comisaria europea de Transporte pide a España que reabra a investigación oficial de Angrois
Violeta Bulc dille ás vítimas que a UE non pode analizar o accidente pero que vén de escribir “invitando” aos investigadores de Fomento a volver a facelo “con total independencia”. A UE analizará a aplicación en España da normativa europea sobre seguridade.
A folga de buses esténdese a todos os días da semana a partir do xoves 13
O persoal apoiou masivamente este martes, na quinta xornada de paros, a ampliación dos mesmos. Os sindicatos avanzan na negociación coa Xunta pola subrogación dos postos pero os empresarios ven “moi lonxe” un acordo.
A Xunta cede na folga dos buses, reúnese á vez con sindicatos e patronal e ofrece subrogar “todo o persoal”
Feijóo garante “agora con documentos” a “estabilidade laboral” dos condutores. O Goberno galego filtra que malia criticalo, Monbus e Arriva, as dúas grandes empresas de Galicia, queren facerse con liñas do novo modelo de transporte.
Feijóo abre a porta a unha investigación política de Angrois “cando teñamos o veredicto da Xustiza”
“Deixemos que se mova a Xustiza”, di o presidente tras o cambio de postura do PSOE, agora favorable a unha comisión parlamentaria, e a imputación do ex-director de Seguridade de Adif