Ryanair anuncia centos de cancelacións nas próximas seis semanas, varias delas en Galicia
Este mércores non operará o voo entre Vigo e Barcelona, todos os martes e xoves desaparece unha conexión entre Santiago e Madrid e no Porto son máis de douscentos os voos afectados. Fomento ábrelle un expediente informativo á compañía.
Un erro nun enderezo demora de novo a instrución do accidente de Angrois
As preguntas que o xuíz quere que responda a Axencia Ferroviaria Europea foron enviadas á estación de tren de Valenciennes e non á sede do organismo noutra rúa desa cidade francesa
A xuíza sobresé o caso Patos para todos os políticos excepto Louzán
A investigación “non permitiu corroborar os indicios inicialmente apreciados” contra Caballero, Bravo Bosch ou Figueroa
Ana Pastor avala o veto de Rajoy a transferir a AP-9 a Galicia con datos cada vez máis erróneos
O cálculo do custo hipotético que o traspaso tería para o Estado é de xuño e non inclúe a rebaixa dos ingresos de Audasa que o propio Goberno decretou en xullo, o que se engade a outras eivas anteriores
Villares quere que a indemnización do eólico a pague Feijóo e este que o ex-xuíz “non volva ditar unha sentenza”
O presidente pon en dúbida que os portavoces de En Marea e BNG acaten a lei pola súa participación na Diada
“A Transición para nós foi exemplar”, di Feijóo preguntado pola situación dos Franco no Pazo de Meirás
O PP rexeita prohibir que a Fundación Franco xestione as visitas ao pazo e o presidente da Xunta acusa o BNG de apoiar que se incumpra a lei tanto co edificio como en Cataluña, reproducindo a argumentación empregada hai dous días pola Fundación Franco
Fomento programa ao mesmo tempo varios desvíos de tráfico por obras na A-6 e a A-52
A circulación sufrirá restricións ata o venres en treitos de Becerreá e As Nogais na Autovía do Noroeste e de Salvaterra e A Gudiña na Autovía das Rías Baixas
O PP queda só e a Mesa do Congreso acepta tramitar a investigación sobre Angrois tras parala unha semana
Ana Pastor, ministra cando ocorreu o accidente, pedira un informe xurídico que agora di que non hai obstáculo para volver a debater a petición de PSOE e En Marea aínda que xa se analizase antes
Anciáns de Rianxo piden un centro de día tras meses de encerro e o PP di que non pode “abrir un en cada concello”
A oposición critica a mala planificación da Xunta, á que acusa de primar municipios gobernados polos populares nos que non hai tanta demanda
A empresa á que a Xunta vendeu os helicópteros de salvamento, única candidata ao servizo sen rebaixar un euro
O Goberno galego mellorou as condicións do contrato despois de declarar deserto o primeiro concurso que convocou en abril. Tanto daquela como agora outra empresa foi descualificada.
Os buses compartidos vixiados pola Guardia Civil, principal novidade do curso que comeza este luns
DOCUMENTO | O 10% das rutas escolares, unhas 500 principalmente en Ourense e Lugo, poderán ser empregadas polo resto da cidadanía. Nos días non lectivos o transporte funcionará a demanda, só cando o usuario o solicite á concesionaria.
A Xunta volve salientar o incremento de turistas nun espazo protexido, agora na praia das Catedrais
O Goberno galego sinala que en 29 dos 31 días de agosto o areal de Augas Santas chegou ao máximo permitido de visitantes, 4.812 cada xornada