O PP aproba en solitario a reforma sanitaria e pide “tempo” para valorala “aínda que non sempre sexa entendida”
A oposición critica o debilitamento da sanidade pública en beneficio da privada nunha sesión que se desenvolveu con protestas ás portas do Parlamento de Galicia, ao que asistiron alcaldes das vilas máis afectadas
60.000 euros para un diagnosticado de sida por erro que acabou repudiado pola familia e na cadea
Povisa é condenada a indemnizar un home por “un claro erro de diagnóstico, mantido durante quince anos” nunha sentenza que eleva o caso a exemplo de “exclusión social” pola enfermidade
A Xunta consignou durante anos 200 millóns menos do necesario para pagar a peaxe de Rande ata 2048
O Consello de Contas reprochoullo de xeito constante sen que o Goberno galego o admitise ata que Fomento asumiu facerse cargo en solitario do que antes pagaban a medias. Desde ese fomento, Feijóo vén gabándose de aforrar ás contas públicas “400 millóns” que antes cifraba en 180.
Feijóo oculta cal dos delegados do Goberno o avisou das fotos de Dorado e di que “un partido” o ameazou con elas
O presidente rexeita identificar o autor da filtración en 2004 que revelou na súa entrevista en 'Salvados' e deita así sospeitas sobre os tres que houbo ese ano
A néboa que obriga a cortes reiterados da A-8 non terá solución ata polo menos 2020, seis anos despois da inauguración
Fomento licita aínda agora as probas dos inventos contra a nubosidade que lle ofreceron empresas e particulares, cuxos prazos de contratación e períodos en que se deben testar condicionan o proceso
José González (PP): “Para animar o traballo das comunidades de montes hai que ir cara a unha fiscalidade específica”
VÍDEO | O portavoz popular en materia de montes foi o pasado venres o terceiro dos participantes nos faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a ordenación do sector organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública
Técnicos que instalaron a seguridade do AVE Ourense-Santiago ratifican que Adif non pediu avaliar o risco da curva de Angrois
As testemuñas ratifican no xulgado que a empresa pública centrou os seus esforzos no corpo central da liña de alta velocidade, unha longa recta, pero obviou os quilómetros finais, onde se atopaba a primeira curva do traxecto
Valença poderá recibir trens de mercadorías máis longos que os que caben nas vías galegas tras a mellora da liña ao Porto
Portugal executa obras que permitirán convois de 750 metros, o estándar ao que tende a UE, mentres que en Galicia só de xeito extraordinario acadan os 550 metros, o que limita a súa rendibilidade e a incorporación ao Corredor Atlántico
Adif xa non compromete para este ano a entrada en servizo do AVE ata Sanabria senón só que comecen as súas probas
En decembro Rajoy anunciou a súa inauguración para este 2018 e hai un mes Competencia reprendeu a Adif por non incluír esa previsión na súa planificación oficial
O Goberno de Rajoy veta por terceira vez que o Congreso poida debater o traspaso da AP-9
En Marea, impulsora da última iniciativa, critica que “o Goberno absolutista de Rajoy teme perder a votación e que se visualice o seu apoio a Audasa”
A solución do BNG ao problema de onde se atoparían dous trens que saian de Ferrol e Ribadeo
Os deputados Mini Rivas e Olalla Rodil viaxaron este domingo no Feve en convois en sentidos contrarios para reclamar unha mellora do servizo
A Xunta volve ceder ante o persoal da Xustiza tras un mes de folga, que seguirá activa
O Goberno galego dicía hai un mes que a súa postura non ía variar “por moito que pasen os días” pero admite que xa mellorou a súa oferta seis veces e non concreta se a actual será a última