A Xunta frea no xulgado a Área Metropolitana que Caballero xa daba por morta
A xustiza considera “contrarios a dereito” os nomeamentos dos representantes de Moaña e Gondomar e invalida a constitución da entidade, cuxo consenso queda máis roto que nunca en case dúas décadas de proxecto
Leiceaga reclama a Feijóo que evite revisións á baixa de dependencias xa recoñecidas
O portavoz socialista e o de En Marea, Luís Villares, acusan á Xunta de renunciar a empregar recursos financeiros e legais que lle permitirían gastar máis en servizos sociais e o presidente replícalles que non quere endebedarse
O investimento do Estado en Galicia cae un 32% ao chegar á fin das grandes partidas do AVE
GRÁFICOS O Ministerio de Facenda entrega ao Congreso o proxecto de Orzamentos para 2017 con algo máis de 924 millóns de euros previstos en proxectos para Galicia, de novo capitalizados pola conexión ferroviaria con Madrid
O directivo de Adif investigado por homicidio e lesións en Angrois négase outra vez a declarar
VÍDEO NO INTERIOR | O ex-xefe de Seguridade ao que o xuíz fai responsable de non evitar o accidente agardará a que a Audiencia resolva o recurso que presentou contra a súa imputación, a terceira que recibe
A UE volve desmentir a Adif e certifica que incumpriu a súa obriga de analizar o risco de Angrois
A Axencia Ferroviaria Europea desmonta a argumentación de que a normativa non o esixía, como defende a empresa pública, cuxo ex-director de seguridade está citado no xulgado como imputado este martes
A Valedora fai públicos no Parlamento datos privados de tres persoas sen fogar
Otero teima, co apoio do PP, en situar o problema por diante doutros máis numerosos e critica unha suposta proposta de “arranxar pontes para que as persoas sen fogar vivan debaixo delas” na Coruña
O Eixo Atlántico celebra o seu 25º aniversario preguntándose cal debe ser o futuro das súas cidades
O grupo de cidades de Galicia e o Norte de Portugal, fundado o 1 de abril de 1992, celebra en xuño en Braga un congreso sobre desenvolvemento urbano que será clausurado polo primeiro ministro portugués, António Costa, e no que se entregará un recoñecemento a Jacques Delors.
Feijóo di que non había tanta pobreza enerxética como prevía
O presidente insiste en que a Xunta atendeu todas as peticións de axuda que recibiu, pero obvia os impedimentos para solicitalas e di que ampliar os criterios facilitaría que máis xente o pedise por “interese”
A Xunta, condenada por rebaixar a dependencia dun home que pedira aumentala e que acabou morrendo
O TSXG critica que, cando se lle pediu a revisión do caso á alza, Política Social aplicase un novo baremo “en manifesto prexuízo” do dependente en lugar de limitarse a denegarlla
Adif adxudica por 83 millóns o remate da estación de Vigo-Urzáiz seis anos despois de tirar a anterior
Concello, Xunta e Fomento aínda negocian o deseño dos accesos e da estación de bus anexa, e segue sen haber plan para a estación provisional de Guixar nin para a vella vía xa sen uso en superficie ao seu paso polo barrio de Teis
O TSXG ve "de ínfimo valor" os lotes de viño de 500 euros remitidos por Monbus a políticos
O alto tribunal galego considera que agasallos como os enviados por Raúl López a Feijóo ou Rueda só poden ser considerados delito se superan o limiar da cortesía ou son obxecto de "reprobación social". A propia Xunta fixou este límite en 90 euros.
O TSXG non ve delito nos envíos de viño de Monbus a Feijóo e Rueda e arquiva a causa
Apenas vinte e catro horas despois de que o Supremo certificase o arquivo da investigación a Blanco e Barreiro o alto tribunal galego comunica unha decisión idéntica ao non apreciar "indicios de delito" nos políticos agasallados por Raúl López