EUA planea financiar medios afíns á dereita radical en Europa antes das eleccións de 2027
O Departamento de Estado do Goberno de Trump prevé dedicar os fondos ao que considera "retroceso democrático en Europa", en liña coa axenda da extrema dereita no continente. En vésperas de relevantes comicios en España, Italia ou Francia pon cartos para un "consorcio de xornalistas" que defenda "a soberanía nacional" fronte a Bruxelas, os "dereitos naturais" e a "liberdade relixiosa".
A Xunta concedeu 2 millóns a 'El Correo' quebrado mentres o dono se gababa de influencia para logralos
O auto xudicial que pide seguir o proceso contra ex-propietarios do xornal por alzamento de bens e apropiación indebida describe un entramado societario para evitar embargos mentres acumulaban impagamentos ao persoal. Feijóo declina responder sobre o caso e o Goberno galego defende que "as liñas de financiamento que se lle concederon a esta empresa (...) contan coa necesaria xustificación económica e xurídica", sen aclarar por que non reclamou xudicialmente a devolución
Plataformas e redes superan por primeira vez as páxinas de medios como vía principal para informarse
O consumo de novas desprázase a contornas que a xente considera menos fiables: plataformas, vídeo e agora tamén chatbots de IA
León XIV esixe regular a IA para frear o poder dos 'tecnobros' e defender a democracia
A primeira encíclica do papa alerta dun poder tecnolóxico con "rostro inédito, predominantemente privado" e insta a unha maior regulación "cara ao ben común". "A idolatría do lucro que sacrifica os febles, a uniformidade que aplana as diferenzas, a pretensión dunha linguaxe única -mesmo dixital- capaz de traducilo todo, incluso o misterio da persoa, en datos e rendementos", resalta
Cinco anos perseguindo unha imputación para desactivar un dos resortes electorais do PSOE
Zapatero é unha peza de caza maior que a dereita ten no punto de mira desde que hai 22 anos bateu a Rajoy nas eleccións tras os atentados do 11M
Teñen honra as empresas? A Comisión da Competencia cre que si e propón protexela por lei
A medida reforzaría as capacidades das corporacións para silenciar os medios mediante demandas estratéxicas. As entidades públicas quedarían excluídas dunha protección que si terían os seus equivalentes privados.
España descoida a vixilancia do risco de vertidos pola frota pantasma rusa que ten varios países en alerta
Dinamarca, Alemaña e Finlandia manteñen no mar os seus buques anticontaminación e remolcadores de altura
Google muda (outra vez) as regras e devalúa o contido dos medios asemellándoos a 'influencers'
O buscador vira en agregador de redes sociais e engade unha nova capa de opacidade á súa intermediación informativa. Discover é un filtro invisible de acceso á información. Un algoritmo privado decide que noticias ve un cidadán no seu móbil. Non hai transparencia sobre criterios editoriais nin equilibrio de pluralidade.
Ventos de guerra sobrevoan a mili en Europa e poñen España no punto de mira
A cúpula militar calcula que o exército necesita multiplicar por sete o número actual de reservistas
Nin 'scroll' infinito nin botóns enganosos: Bruxelas quere regular os produtos dixitais aditivos para os usuarios
A Comisión abre a consultas un proxecto para protexer usuarios e consumidores no ámbito dixital
A UE obriga a mudar dende agosto leis dos medios públicos como a que vén de impor o PP en Galicia
Televisións e radios públicas terán que blindar os seus xornalistas, mudar os modelos de elección de altos cargos e transformar o sistema de financiamento
As redes sociais néganse a retirar o 70% dos contidos racistas reportados polo Ministerio de Inclusión