"Unha folga xeral non vai resolver todo, pero incorpora sectores novos, ensínalles que hai que estar unidos"
Rafael Pillado, un dos fundadores das CC.OO en Galicia e ex militante do PCG (do que chegou a ser secretario xeral) e do PSOE, presenta as súas memorias este venres en Ferrol. Unhas memorias colectivas, O Latexo da vida e da conciencia, prologadas por Manuel Rivas, que queren amosar a experiencia de loita no pasado para preparar as loitas do presente e do futuro. Vídeo no interior.
Mario Tascón: "A lei Sinde-Wert vai ralentizar o desenvolvemento das industrias dixitais en España"
Este mércores comezou na Illa de San Simón a segunda edición do encontro NeThinking, que reune durante dous días expertos en redes sociais e comunicación en rede, como Antonio Delgado, Eduardo Arcos, Marilín Gonzalo, Javier Celaya ou Mario Tascón, consultor e cunha traxectoria que inclúe a dirección de Prisacom ou o impulso de Lainformacion.com, do que foi editor.
Mayor Zaragoza: "Se non hai evolución, haberá revolución"
O ex director xeral da UNESCO estivo na Coruña para manter contactos con grupos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz e representantes da Universidade e do Concello.
Un 8 de marzo para recuperar a iniciativa nas rúas
Ducias de organizacións convocan unha manifestación o domingo 11 en Compostela baixo o lema Mulleres Galegas en loita polos nosos dereitos, que será precedida da organización de actos este xoves 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en todas as cidades galegas.
A derradeira lección de Inzar, o partido da revolución amable
Inzar, o partido fundado en 1991 como froito da unificación do Movemento Comunista de Galicia e a Liga Comunista Revolucionaria, xa é historia. Inzar nunca foi un partido ao uso, e o seu final tampouco respondeu aos padróns habituais neste tipo de casos. Galería e vídeo no interior.
"Os niveis de débeda do fútbol serían insustentables noutros negocios"
Ángel Barajas, responsable do Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo, é un dos nove expertos que asesoran a UEFA sobre o "xogo limpo financeiro". Este grupo analiza as consecuencias da crise económica na economía dos clubs e en que medida existe ou non “unha burbulla” no sector.
A USC ten 83 catedráticos máis ca en 2010, cun custe engadido de 700 mil euros anuais
O mantemento dos contratos dos investigadores e investigadoras despedidos en decembro ten un custe semellante, que ademais é sufragado durante tres anos pola Xunta. Denuncian que as promoción de catedráticos, non achegan máis horas de docencia nin captan recursos, "hipotecan a institución" e responde unicamente a un intento de Casares Long de asegurar a súa reelección.
"A Nasa foi a casa de todo o mundo e un fenómeno mesmo a nivel estatal"
Patricia de Lorenzo fala para Praza sobre a "mudanza" de Chévere a Teo, onde realizará a partir de agora as súas actividades.Vídeo no interior.
"A estratégia para a regeneraçom lexical do galego consiste numha coordenaçom com o léxico luso-brasileiro"
O professor Carlos Garrido (Universidade de Vigo) publica o livro Léxico galego: degradaçom e regeneraçom
"EU ten unha oportunidade histórica, falando con outros, para estar presente no Parlamento galego"
Gaspar Llamazares ofreceu este xoves unha conferencia na Coruña sobre O futuro da esquerda. Apoiou a convocatoria dunha folga xeral, advertiulle a Rajoy a inminencia dunha "primavera española" se continúan os recortes e apostou por unha transformación da esquerda "para que a sociedade cada vez teña máis participación".
"A realidade da crise do sistema superou a ficción que queríamos facer en Citizen"
Citizen é unha obra singular polo seu proceso de creación, duración e tema: unha narración sobre o imperio económico de Inditex e a persoa de Amancio Ortega que se move sempre entre a realidade e a ficción. Falamos con Manolo Cortés sobre a obra de Chévere.
Guipúscoa frea un proxecto de incineradora e implanta un sistema de recollida porta a porta de residuos
38 concellos gobernados por Bildu, que agrupan máis de 300 mil persoas, poñerán en marcha nos vindeiros meses esta iniciativa, o cobxectivo de reciclar o 80% dos residuos. A medida, que paraliza o proxecto de construción dunha macroincineradora en Zubieta, esperta as críticas en PP, PSOE e PNV.