As marchas pola liberdade dos líderes cataláns avanzan sen incidentes e Barcelona vive outra noite de disturbios
Máis de 20.000 persoas participaron este mércores nas 'Marxes per la llibertat', que avanzan dende varios puntos de Catalunya. Varias localidades sufriron disturbios durante a noite, con especial incidencia en Barcelona. Tras reunirse cos líderes de PP, Podemos e Ciudadanos, Sánchez advertiu de que non vai "sobreactuar" e subliña a "coordinación" dos Mossos coas forzas de seguridade do Estado
Un dos feridos perde un ollo tras as protestas pola sentenza do 'procés', que seguirán toda a semana
As mobilizacións continuarán nos vindeiros días e xa hai convocada unha folga xeral o venres. Os antidisturbios da Garda Civil permanecerán en Catalunya todo o mes e o Govern defende as cargas dos mossos
Os líderes independentistas cataláns, condenados por sedición e malversación con ata 13 anos de cárcere
O Supremo condena a 13 anos de cadea a Junqueras; a 12 a Romeva, Turull e Bassa; a 11 e medio a Forcadell; a 10 e seis meses a Forn e Rull e a nove a Jordi Cuixart e Jordi Sánchez. Son penas máis altas das solicitadas pola Avogacía do Estado
A Fiscalía reafírmase en que o 'procés' foi unha "rebelión distinta", sen armas pero con "violencia"
A Fiscalía atribúe como violencia promovida polos líderes independentistas protestas na rúa, concentracións nos colexios e manifestacións fronte a cuarteis e comisarías, asume a tese do "golpe de Estado" e equipara o acontecido en Catalunya co 23-F
O Goberno de Rajoy ofreceu a Puigdemont "simular" un referendo o 1-O
O secretario de Estado de Seguridade no 1-O relatou ante o Tribunal que o Goberno de España "trasladou" a Puigdemont que "podería simular ese referendo nas prazas dos municipios ou en lugares abertos" que non contradirían o veto xudicial
Urkullu desmente a Rajoy e detalla no Supremo como mediou coa Generalitat tras o referendo
O lehendakari precisa ante o Tribunal Supremo datas e mesmo a hora das conversas que mantivo con Carles Puigdemont, Soraya Sáenz de Santamaría e Mariano Rajoy. "A partir do 4 de outubro fun presentando propostas, tanto ao Govern da Generalitat como ao Goberno. Até catro ou cinco, até chegar ao 27 de outubro"
Rajoy liga a activación do 155 en Catalunya a actos de "acoso" dos que soubo polos medios
"Se non se chamase á xente a un referendo ilegal non teríamos que ver as lesións", di o ex-presidente do Goberno central na súa declaración como testemuña no xuízo aos líderes independentistas cataláns sobre a intervención policial na xornada do referendo
Forcadell abre a vía do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos cunha demanda contra a súa prisión provisional
A avogada de Forcadell anunciou o recurso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos na xornada en que a ex-presidenta do Parlament catalán declara ante o Supremo
A "violencia" en Catalunya, segundo a Fiscalía: "Murallas humanas" contra policías e Mossos coa "rebelión"
A exposición do fiscal centrouse en acusacións de “ridículo” cara aos avogados defensores, o desprezo polas opinións xurídicas que descartan a rebelión e o enxalzamento dun editorial do diario El País
Os posibles recursos a Estrasburgo, protagonistas no inicio do xuízo aos líderes independentistas cataláns
Ou o Tribunal Supremo recoñece que foron vulnerados os dereitos fundamentais dos líderes independentistas xulgados ou vaino facer despois o Tribunal de Estrasburgo, subliñaron os letrados a modo de aviso no inicio do proceso
A Fiscalía pide 25 anos de cárcere por rebelión para Junqueras e 17 para os 'Jordis' e Forcadell
O ex-vicepresidente catalán e líder de ERC levará a peor parte da acusación do Ministerio Público. O criterio da Fiscalía non o comparte a Avogacía do Estado, que reclama até 12 anos de cadea por sedición e malversación.
O Supremo manda a xuízo aos líderes do 'procés' e empraza a Fiscalía a presentar acusación
O alto tribunal confirma o peche da instrución da causa do 1-O e rexeita as 300 dilixencias de proba que pedían as defensas. Os maxistrados descartan pronunciarse sobre se existe delito de rebelión ou vulneración de dereitos dos detidos por non ser o momento.