"Grecia é unha premonición"
DasKapital prepara a saída do seu novo álbum, Grecia, un título en absoluto casual. Para a súa publicación, iniciaron hai unhas semanas unha campaña de crowdfunding. Afirman que a continuación de Ruído Negro será "Non melódico. Violento. Anti pop. Revoltado"
CxG escolle as responsabilidades da súa Executiva
Compromiso por Galicia celebrou o seu primeiro Consello Político Nacional logo da celebración do seu Congreso Constituínte.
"Feijoo ten o seu propio Bárcenas a 50 quilómetros da súa casa", segundo o PSdeG
Pablo García esíxelles a Cospedal e a Rajoy que se pronuncien sobre a investigación dos contratos na Deputación de Ourense e considera a Feijóo e a Rueda "cómplices" por "consentir catro anos esta situación"
Dúas nenas de Corcoesto escríbenlle a Feijoo para que pare o proxecto
As rapazas, de 10 e de 9 anos, afirman que "os nosos pais traballan a terra pero cando veña a mina seguramente non poderán seguir. A nós de maiores gustaríanos axudarlles pero así xa non poderemos"
Fina Casalderrey é a quinta muller da Academia
Despois de tres horas de deliberacións os membros da RAG escolleron a autora de literatura infantil e xuvenil por riba da outra opción, Chus Pato. Casalderrey únese a Xohana Torres, Luz Pozo, Rosario Álvarez e Margarita Ledo
Unha parella de anciáns de Lugo pelexa por non perder a súa casa nun proceso cheo de irregularidades
Os afectados, de 86 e 87 anos, veñen de denunciar o caso ante a Fiscalía de Lugo. Poden ser desafiuzados en base a demanda presentada en 2009 contra o seu neto, que sofre unha discapacidade psíquica, polo impago de dúas mensualidades dunha leira.
Rueda tenta pór orde no PP de Santiago e pide a fin das "liortas"
O secretario xeral dos conservadores reclama a fin do conflito interno no goberno local compostelán mentres, dende Ourense, Baltar ameza con denunciar a quen vaia contra a "honra" da Deputación tras vetar unha investigación sobre os presuntos contratos irregulares
A CIG pide que se investigue a contratación en Xinzo de dez interventores do PP
Tamén carga contra o fiscal xefe da provincia de Ourense, ao que acusa de "montar unha auténtica cortiña de fume, ao redor do suposto silenzo dos sindicatos, no caso da imputación do Ex presidente da Deputación"
Stop Desahucios recibe o Premio Portapaz
O galardón do Seminario Galego de Educación para a Paz será entregado o vindeiro 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz. O SGEP destaca a súa "firmeza na defensa nonviolenta dun dereito humano como é o da vivenda digna fronte da voracidade ilimitada dos bancos".
1 de febreiro: festa das TIC galegas cos premios EGANET e o LaconNetwork
Os dous eventos celebraranse conxuntamente no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. A LaconNetwork non pechou o seu programa pero xa anuncia que contará coa participación dun representante de Google, un fundador dunha incubadora e un CEO de prestixio.
As tres universidades galegas poderían despedir 250 PAS e PDI e subir as taxas, segundo a CIG
O sindicato denuncia o "severísimo" axuste de case 22 millóns de euros que aplica a Xunta nos Orzamentos e advirte de máis recortes de salario
A oposición critica o "control político" da CRTVG e o crecente uso do castelán
PSdeG-PSOE e BNG denuncian a "submisión" do ente ao Goberno galego. AGE pon o énfase no uso do español nas tertulias e recomenda que “busquen a outros, que os hai, que saben galego, e que seguro que din menos estupideces”