Os premios Eganet entregáronse na gran noite das TIC galegas
Por vez primeira celebráronse conxuntamente o LaconNetwork e a entrega dos galardóns da Asociación de Empresas Galegas Dedicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías. Petrilla Tech, Nasas Social & Media, Construdata21 Internacional, OnTouch Nova Tecnoloxía Publicitaria ou A Navalla Suiza foron os gañadores.
A dirección de TVE impide a emisión dun documental sobre o Prestige
Estaba previsto que Huellas de chapapote se emitise en Documentos TV o pasado domingo pero a programación mudou no último momento co argumento de que se está a desenvolver o xuizo pola catástrofe e que a cadea non quere "interferir en procesos abertos"
Que che gusta do Principiño? Dillo por twitter
Galaxia conmemora a publicación da vixésima edición do Principiño en galego cun concurso. Os lectrores teñen que contar en 140 caracteres o que lles gusta deste libro que foi editado na nosa lingua por vez primeira en 1972
Investigadores da Facultade de Informática da UDC participan nun proxecto europeo financiado con 3.39 millóns
O proxecto PROWESS busca crear novas ferramentas e métodos para que as empresas de software europeas poidan desenvolver servizos web e aplicacións de internet de mellor calidade
O 'Caso Bárcenas' comeza por Galicia
A veracidade dos documentos publicados por El País comeza a probarse a través da documentación do caso Gürtel que amosan a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns pagamentos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, secretario de Organización do PPdeG.
O ferrolán Alberto Gracia gaña o premio da crítica internacional en Rotterdam
O seu filme O quinto evanxeo de Gaspar Hauser obtivo o recoñecemento nun dos festivais de cinema máis importantes do ano e un dos que con máis forza marcan tendencia
A Xunta quere cobrar polo uso de estradas e autovías, segundo AGE
A formación denuncia que a Consellaría de Infraestruturas mantén esa opción no proxecto de lei de estradas a pesar de que o Consello Económico e Social criticou esta posibilidade.
Mestres e pais apoian as mobilizacións convocadas polo Sindicato de Estudantes
As organizacións que integran a Plataforma en Defensa do Ensino Público (CC OO-Ensino, FETE-UGT, CSI-F, Escola Viva, IESGA e CONFAPA) apoian a folga convocada entre os martes 5 e o xoves 7, e as manifestacións que se celebrarán o mércores ao mediodía e o xoves pola tarde.
Os PAS da USC anuncian o seu calendario de mobilizacións
Demándanlle ao reitor a apertura de negociacións sobre a instrucción da Xerencia relativa a xornada, permisos e vacacións. Este venres realizaron unha cazolada diante da Balconada coincidindo coa entrada en vigor da devandita instrución.
Un ano na Praza, contigo
Estamos de aniversario e imos celebralo xuntos para reiterar mancomunadamente o compromiso de Praza Pública como un xornal dos seus lectores e lectoras, independente, plural e crítico, posto ao servizo da defensa de Galicia e dos nosos dereitos e liberdades.
O teatro emerxente móvese en Vigo
Os actores, actrices, dramaturg@s, director@s ou escenógraf@s, formados e formadas na Escola Superior de Arte Dramática amosarán entre o venres e o domingo as súas propostas no Auditorio municipal. E coas entradas regalaranse tapas e degustacións en varios bares e cafetarias da cidade.
20 anos sen Moncho Valcarce, o cura das Encrobas
O 1 de febreiro de 1993 morreu de cancro na Coruña despois dunha vida de loita compaxinando durante anos o seu labor como crego e a súa militancia política: nacionalista e de esquerdas. O BNG homenaxéao este sábado no cemiterio de Santo Amaro coa intervención da poeta Pilar Pallarés.