Advirten de que os recortes poñen en risco o tecido de I+D+i construído nos últimos anos
Espazo Ecosocialista presenta un informe sobre a situación da investigación no noso país e reclama que "non haberá unha saída sólida da crise ata que esta debilidade en I+D+i se corrixa e se aposte por un modelo de desenvolvemento sustentable".
As 15 mil sinaturas da ILP contra a incineración chegarán ao Parlamento a vindeira semana
Os promotores da iniciativa levarán o martes á cámara os apoios recibidos por esta proposta que pide un novo modelo da xestión dos residuos, desbotando a queima do lixo e apostando polos tres erres: redución, reutilización e reciclaxe.
Unha concentración pedirá en Vigo que a Xustiza non lle dea as costas a David Reboredo
Está convocada ás sete da tarde diante do Marco e coincidindo co 193 aniversario do nacemento de Concepción Arenal. As novas sobre o estudo da concesión do terceiro grao a petición do cárcere da Lama alimentan a esperanza do indulto.
O BNG colle a vasoira para "limpar o desgoberno" do Concello de Santiago
Os nacionalistas convocan un acto simbólico para este xoves á tarde, coincidindo co pleno no que o rexedor compostelán, Ángel Currás, explicará a súa situación xudicial
Os afectados polas preferentes levarán este sábado a súa protesta até a porta da casa de Núñez Feijoo
A marcha está apoiada por todos os partidos da oposición, sindicatos e por varios concellos. Partirá ás 11.30 da Alameda e rematará aos pés de Monte Pío, residencia oficial do presidente da Xunta.
Rexeitamento frontal ao recurso da Xunta que tenta "aumentar a desprotección do galego"
A Mesa, CIG, AGE ou Compromiso censuran a "belixerancia" e o "odio furibundo" do Goberno de Feijóo contra a lingua propia tras o anuncio de que recorrerá as sentenzas do decreto.
A UE podería propor este xoves a prohibición de tres pesticidas mortais para as abellas
Os ministros de Agricultura da UE examinaron este luns en Bruxelas un informe da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) que cuestiona o uso de tres tipos de pesticidas neonicotinoides para o cultivo de millo, colza e xirasol e este xoves a Comisión realizará unha proposta para limitar o seu uso.
Betanzos, oitavo concello galego que se pronuncia contra a tortura aos animais
Os votos do BNG permitiron aprobar a moción da Asociación Animalista Libera. A vila únese a Cangas, Dodro, Vedra, A Pobra do Brollón, Teo, Ares e Viveiro. Este xoves os plenos de Arteixo e Culleredo votarán resolucións semellantes.
A Xunta de Feijóo esnaquiza o diferencial positivo do paro galego co de España
A taxa de desemprego durante a etapa de goberno do actual presidente incrementouse en 9,1 puntos, máis que no conxunto do Estado. Durante o bipartito, a taxa de paro aumentou en pouco máis dun punto, mentres en España se disparaba en oito puntos.
'O Gran Compadre' supera os sete mil espectadores
Este mércores estrea o seu segundo episodio un programa, no que os concursantes debaterán de política e mesmo darán a súa opinión sobre a monarquía
A CUT acusa Clece S.A. da "desaparición" de medio millón de euros públicos
O sindicato denuncia no xulgado a falta de transparencia sobre o destino dunha cantidade asignada ás pagas extras de 300 traballadoras que a empresa, concesionaria do servizo de limpeza dos catro hospitais públicos de Compostela, retirou sen xustificación.
A 'Semana pola Renda Básica das Iguais' segue a moverse por Galicia
As actividades xiran ao redor da presentación do libro Repartindo a nosa riqueza. Este martes haberá actos en Compostela e As Pontes, o mércores en Lugo e o xoves as accións pecharanse en Vigo.