A oposición únese contra a "mordaza" que a presidenta impón ao Parlamento
O Bloque dirixirase ao resto dos grupos para acordar medidas conxuntas contra a medida, AGE non descarta acudir á Xustiza e o PSdeG protestará na Mesa do Parlamento. Yolanda Díaz vincula a medida coa visita prevista de delegados do naval para a vindeira semana.
O PSdeG pide á Xunta que se amplíe o obxectivo de déficit para acadar 456 millóns adicionais
Presenta unha iniciativa parlamentaria na que reclama que Feijóo solicite ao Goberno central a ampliación dos prazos e protexer así "os grandes servizos públicos".
Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO catro anos máis
A súa candidatura, apoiada por máis do 70% dos votos, foi a única presentada para liderar o sindicato, que reivindica a unidade de acción con outras organizacións como a "mellor ferramenta" nestes tempos de crise.
A Xustiza obriga a Igrexa a pagar o IBI en Allariz
O alcalde alaricano cre que "se crea un precedente" cunha sentenza na que se asegura que a Igrexa "non probou ser unha entidade sen ánimo de lucro". A diócese ourensá terá que pagar impostos por varios inmobles urbanos.
Traballadores do Ateneo Ferrolán denuncian "o acoso" do Concello
Denuncian que o goberno da cidade o "despropósito" no reparto de espazos, o intento de arrebatarlle o seu local e as "ameazas" que sofren algunhas asociacións para que non utilicen o centro.
Presentan na USC a resolución dun dos problemas matemáticos máis importantes do milenio
Carl Cowen e Eva Gallardo anunciaron a solución ao problema do subespazo invariante de John von Neumann no encontro bianual da Sociedade Matemática Española.
Santiago Álvarez, 100 anos de comunismo
O 11 de febreiro celebrarase o centenario do fundador do PCG. A Fundación 10 de Marzo realizou unha exposición itinerante sobre a obra e figura do valdeorrés.
A moción de censura en Vilamartín "só responde ás necesidades do baltarismo", segundo o BNG
Os nacionalistas cren que o PP tomou a decisión "para desviar e tapar as vergoñas da política clientelar que ven desenvolvendo a Deputación" e para tomar posicións de cara ao congreso provincial dos populares.
Os "abusos" da industria poñen en perigo o acordo para un prezo digno do leite
O SLG acusa varias empresas de "presionar" as explotacións para asinar contratos retroactivos "a prezos ruinosos". As "prácticas mafiosas" dalgunha compañía ameazan con rebentar os "fráxiles acordos" acadados no sector tras a folga de entregas de novembro.
Galicia ten case 280.000 parados
O país pecha 2012 con 277.400 desempregados, 37.000 máis que hai un ano, e unha taxa de paro do 21,28%. O incremento do desemprego no último ano supera en máis de dous puntos a suba media do Estado, que roza xa os seis millóns de parados.
O PSdeG-PSOE denuncia o desvío de 16 millóns de euros de formación para o emprego
Enrique Negueruela esíxelle á Consellería de Traballo que explique “onde están os cartos que faltan” e que corresponden a transferencias finalistas do Goberno central
A comunidade universitaria cualifica de "irresponsable" a actitude do reitor da USC
Chaman a facer unha "fronte común" para frear os recortes orzamentarios impostos pola Xunta e chaman a Juan Casares a denunciar a situación e poñerse á cabeza destas protestas. Acúsano de incumprir acordos previos e o seu propio programa electoral. Os PAS inician un peche indefinido no edificio da Balconada.