Cara á FP dual pola porta de atrás?
AGE denuncia a posta en marcha en Galicia do novo modelo de formación profesional, exemplificado no acordo da Xunta coa empresa Coremain, sen un marco normativo galego e sen ter en conta os órganos consultivos en materia de Educación. Os expertos cualifican de "irreal" a aposta por ese modelo, polas diferenzas entre as estruturas produtivas galega e alemá.
Baltar reclama máis autonomía para Ourense entre novas acusacións de "enchufismo"
O presidente da Deputación pide que Galicia lles transfira aos entes provinciais participación nos tributos que xestiona. Mentres o BNG denuncia a contratación de interventores do PP e o PSdeG-PSOE cifra en 92 euros o que cada ourensán ten que pagar cada ano para os salarios dos que considera "enchufados".
A expansión do 'fracking' nos EEUU incrementa o consumo do carbón en Galicia
O blog de ecoloxismo social e biodiversidade Un claro no bosque analiza o efecto de cadea polo que un meirande uso do gas natural en Norteamérica abarata o prezo do carbón para as centrais térmicas galegas e tamén a exportación de enerxia a Portugal
"A electrónica intégrase no resto dos estilos coma un instrumento máis. Xa non é todo 'zapatilla'"
Músculo! leva apenas uns meses en activo. Despois de ser semifinalistas do Proyecto Demo de Radio3, e de ofrecer os seus primeiros concertos por toda Galicia, esta fin de semana telonearon os murcianos Schwarz na súa xira polo noso país.
Feijoo ascende a Agustín Hernández e Paula Prado
O conselleiro de Territorio e Infraestruturas ocupará a única Vicesecretaría do PPdeG e a concelleira compostelá, enfrontada ao alcalde Ángel Currás, convértese en portavoz do partido. Alfonso Rueda mantense como secretario xeral e aumenta o seu poder como número dous.
Esquerda Unida pide un pacto para a rexeneración da democracia
A Executiva Nacional da formación reclama que se dote á cidadanía "dunha maior participación e control sobre os cargos públicos" e cre que o mellor antídoto contra a corrupción é "a democracia participativa".
Un cento de persoas reclaman "transparencia" en Compostela
Unha manifestación percorreu as rúas da cidade baixo a chuvia pedindo a disolución da corporación municipal e a convocatoria de eleccións ante os escándalos de corrupcións relacionados con Gerardo Conde Roa e Ángel Currás
O cruce de camiños de Bárcenas e Audasa
As relacións entre a concesionaria da AP9 e o poder político sempre foron moi estreitas. O ex tesoureiro do PP exerceu durante anos a xestión e representación dos posuidores de bonos dunha emisión de 180 millóns de euros de Autopistas del Atlántico.
A importancia de entender
Praza Pública
Rueda seguirá sendo o número 2 do PPdeG nun congreso que defenderá a "liberdade de elección"
O vicepresidente da Xunta manterá a acumulación de cargos, mentres que os vicesecretarios xerais pasarán de cinco a un e o partido incorporará un portavoz.
Este luns será o día máis triste do ano
Unha campaña publicitaria en 2005 en Gran Bretaña inventou o concepto do Blue Monday, o terceiro luns de xaneiro, e que supostamente reúne todas as condicións para ser a xornada máis deprimente.
Xaneiro de 1994: Ovnis en Outes?
O 18 de xaneiro de 1994 houbo unha forte explosión na na parroquia de Cando, un estraño suceso que alimentou as teorías dos ufólogos, pero que ten explicacións máis plausibles na explosión dunha burbulla subterránea de gas ou mesmo na caída dun meteorito.