Operarios do naval volven saír á rúa e piden a dimisión do alcalde de Ferrol
Máis de 3.000 traballadores rodean o Concello e solicitan a marcha do rexedor ou que empece a presionar en Madrid. Denuncian o atraso na construción do flotel de Pemex e volven reclamar o dique flotante.
Os traballadores de Privilege loitan por facerse coa empresa e salvar o emprego
Solicitan o apoio da Xunta, que conta co 40% do accionariado, na súa poxa por quedar coa firma de Narón e manter os 45 postos de traballo, fronte a antiga propietaria, que levou a planta á quebra malia as axudas públicas.
Blanco esixe ao Goberno que ensine xa os contratos de Pemex
O deputado socialista lembra que as últimas informacións sobre o contrato cos estaleiros galegos "engaden incerteza" ao sector naval e advirte de que as gradas "seguen baleiras" tras destruírse 4.200 postos de traballo no último ano.
Desconcierto alerta da desaparición da programación de RG Música
A asociación cultural denuncia que os programas foron "desaparecendo progresivamente" nos últimos meses até quedar a grella "limitada a un fío musical dunhas 23 horas ao día"
A oposición acusa o PP de tentar "agochar" a Baltar e Bárcenas co "terrorismo"
Os conservadores levan á Cámara unha declaración institucional contra as accións "terroristas" en Galicia e PSdeG, AGE e BNG cren que procuran unha "cortina de fume" ante os casos de "corrupción"
Denuncian a pasividade das administracións ante o bloqueo da estrada máis transitada do Courel
A LUP-1301, que une Seoane do Courel co hospital do Cebreiro e a autovia atópase cortada, segundo SOS Courel, que nos últimos anos criticou en varias ocasións o estado da via e os traballos de reforma mal realizados. "Unha vez máis levarán a culpa os deuses, a choiva, a cicloxénese e a mala sorte", conclúen.
Es quen de gravar unha curta en 48 horas?
Do 19 ao 21 de abril realizarase na Coruña esta competición de cinema contra o reloxo. Proporase un personaxe, un obxecto e unha liña de diálogo e a partir dese momento os participantes terán dous días para escribir, gravar e montar o filme.
Máis espazo para os porcos que para os alumnos
Algunhas das críticas á reforma educativa teñen que ver co aumento dos ratios de alumnos por aula e á súa masificación. A lei establece que os cortellos deben garantir un minimo de 2,25 m2 para cada animal, mentres que un decreto de 2010 fixa un límite de entre 1,5 e 2 m2 para os rapaces e rapazas.
O 'moderneo' coñecerá por fin a Troco no FIV
O primeiro gran festival do ano celebrarase en Vilalba os 22 e 23 marzo. Delorean, La Casa Azul, Nudozurdo ou La Habitación Roja serán os cabezas de cartel e Eme Dj protagonizará a sesión post-concertos na Troco, unha das discotecas con máis tradición en Galicia.
Ángel Currás rexeita a acumulación de cargos de Paula Prado
O alcalde compostelán afirma que tratará coa nova portavoz do PPdeG a súa continuidade como concelleira pero lembra que a súa opinión sobre a multiplicación de responsabilidades "é coñecidas". Pola súa banda o rexedor de Ames destitúe o seu tenente de alcalde "ao perder a confianza nel"
A dirección das caixas presionou os seus traballadores para vender preferentes
A Cadena Ser accede a documentación con ameazas aos empregados das antigas entidades: "As persoas que non saiban ou non queiran vender preferentes deberían preguntarse se realmente queren tomar parte da caixa e do seu futuro".
Novagalicia ofrece 23 días e 14 mensualidades de compensación para os despedidos
Os sindicatos rexeitan rotundamente a proposta da entidade, contra a que protestaron os traballadores cun paro de media hora nas sucursais. Haberá folga xeral o vindeiro 6 de febreiro.