Camiñando contra o parque eólico do Morrazo
Un cento de persoas participan no roteiro organizado este domingo pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo en protesta polo proxecto de instalación de 14 aeroxeradores en Pedras Negras
Leiceaga ve necesario "desterrar" o "sectarismo" de Pachi Vázquez no PSdeG
Aposta por un partido "onde haxa máis participación da militancia" e "máis autónomo e máis progresista" para conformar "un proxecto para a maioría" que "nin BNG nin AGE están en condicións de facer".
Falece Ceferino Díaz, histórico galeguista do PSdeG
Morre aos 65 anos un home clave na consecución e consolidación do autogoberno galego e tras unha brillante traxectoria como deputado no Parlamento galego e no Congreso. Vídeo no interior.
O recorte aos funcionarios cébase en quen menos ten
A CIG detalla as porcentaxes de redución salariais aplicadas pola Xunta a cada grupo e nivel dos empregados públicos e asegura que os axustes non son proporcionais ao nivel dos soldos, tal e como defende o Goberno.
Álvaro Cunqueiro en Cataluña
'Abriu', revista científica da Universitat de Barcelona, dedica o seu primeiro número a un monográfico sobre o autor mindoniense e aos seus contactos e intercambios coa cultura catalá.
"O proxecto da mina de Corcoesto é propio de países colonizados"
Deputados de AGE visitan Cabana de Bergantiños e sinalan que a empresa que explotará a mina actúa en Galicia "porque busca países cunha lexislación ambiental moi laxa e onde atopen complicidade das autoridades políticas".
Rueda xustifica o recorte aos funcionarios e nega que Feijóo incumprise a súa promesa
O vicepresidente da Xunta di "comprender preferectamente" as protestas dos empregados públicos, pero insiste en que van cobrar máis que en 2012.
O BNG esixe no Congreso que o Goberno dea marcha atrás no copago de ambulancias
A deputada Rosana Pérez presenta unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentaria na que pide a retirada do borrador e unha negociación "en pé de igualdade" coas autonomías. O Bloque acusa o Executivo de "inmiscuirse en competencias autonómicas".
Os avogados galegos declaran 'non grato' a Gallardón, no que ven maneiras "ditatoriais"
O Consello da Avogacía Galega carga con dureza contra o ministro de Xustiza por incrementar as taxas xudiciais e asegura que "non é demócrata".
Crean unha plataforma para pedir que o PSdeG devolva a militancia ao ex alcalde de Ourense
O colectivo 'Cremos en Paco 2012' recolle sinaturas e reclama ao PSOE que levante a suspensión cautelar de militancia de Francisco Rodríguez, imputado na operación 'Pokemon'. Critican a "dobre vara de medir" dos socialistas e lembran que nin Orozco nin José Blanco foron sancionados.
A metro e medio, por favor
A morte de Iñaki Lejarreta volveu levar ás portadas os perigos que cada día enfrontan os ciclistas nas estradas. En 2010, 3.496 ciclistas sufriron un accidente en España e 67 perderon a vida.
'Unha folla de ruta' para protexer o patrimonio cultural galego
Presentouse a Declaración de Santiago en defensa da conservación do patrimonio cultural galego, que pide que as administracións contemplen a defensa do patrimonio dunha "maneira global" e a redacción dn documento de referencia todas as profesións implicadas