Fervenzas Literarias anuncia os mellores libros e autores de 2012
A páxina realizou un ano máis unha enquisa entre os seus lectores para escoller o mellor da literatura, a edición, a tradución e a critica galega no último ano. Medio milleiro de respostas situaron a Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz, Miguelanxo Prado ou Xavier Rodríguez Barrio como gañadores.
O psiquiátrico de Toén podería acoller un hospital de crónicos dunha cooperativa sanitaria
Un ano despois do peche das instalacións a Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense segue denunciando o que entenden que foi "un desafiuzamento sen hipotecas" e “o maior atentado contra a sanidade pública ourensá”.
O disco de tributo a Zënzar xa está no forno
Unha ducia de bandas, dende Machina a Nao e Ruxe-Ruxe, pasando por Pito de Pikasso, Medomedá, Os tres Trebóns ou Dios ke te Crew, preparan un álbum de versións do grupo para celebrar os 25 anos de Zënzar.
O BNG propón unha fronte común para defender o Porto de Vigo
Acusa a PP e PSOE de "deixar caer" o Porto de Vigo como infraestrutura nodal na Comisión de Transportes da Eurocámara "preferindo apoiar infraestruturas doutras partes do Estado" e esíxelle a Feijóo que "dea a cara" e "deixe de mirar cara outro lado".
Os grupos opostos ás touradas na Coruña preparan novas iniciativas tras o rexeitamento do referendo
Acusan o goberno do PP de "soberbia" e amósanse convencidos de que "en pouco tempo conseguiremos rematar con este acto cruel cos animais, porque as touradas na Coruña teñen un percorrido baseado no subsidio e o agasallo de invitación"
Peche en Vigo na defensa da sanidade pública
Traballadores do Chuvi encérranse durante 48 horas no vestíbulo do Hospital Xeral. Denuncian os "recortes e a deriva privatizadora" da Xunta e advirten das numerosas eivas do servizo público.
O Concello de Santiago esíxelle 600 euros a Queremos Galego por colocar un palco
O goberno compostelán reclámalle unha fianza á plataforma en defensa da lingua para poder colocar o escenario para o remate da manifestación do día 27
Os reitores piden á Xunta que aclare os recortes nas universidades
Emiten un comunicado conxunto tras a reunión celebrada este martes co conselleiro Jesús Vázquez.
A familia de David Reboredo sinala o trato desigual dado ao seu fillo e aos Mossos indultados
A campaña en Change.org para pedir o seu indulto supera as 145 mil sinaturas. Hai un mes o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, comprometeuse en El Intermedio a revisar o caso.
AGE denuncia "vexacións" a afectados polas preferentes na entrada ao Parlamento
A formación considera "intolerábel" que os servizos de seguridade do Hórreo lle ordenasen a unha persoa que quitase unha camisola co lema “Preferentes solución”
A banda de música de Vilagarcía traduce unha obra do galego ao castelán "para que se entenda"
A formación pasou ao español o poema musicado Os Heroes do Orzán no concerto que ofreceu na vila arousá o pasado 30 de decembro "para adaptala ao tipo de público que asistía a un concerto destas características"
A mina de Corcoesto pon en perigo máis de mil explotacións agrogandeiras
O SLG alerta do "irreversible impacto" do proxecto mineiro sobre a principal actividade económica da zona, que dá traballo a 1.350 persoas, fronte aos 271 empregos temporais que creará a empresa canadense.