"Ia, ia, ia, a Xunta xa o sabía"
300 afectados polas preferentes de toda a provincia de Pontevedra maniféstanse polas rúas da cidade e concéntranse ante a sede da Deputación provincial. Na marcha participaron os alcaldes de Pontevedra, Bueu, Marín, Cangas ou Soutomaior.
O Tribunal Constitucional avala o uso de "manda carallo" nunha demanda xudicial
Hai uns meses o Xulgado do Social de Ourense non admitira unha demanda labora dun arquitecto por incluir esta expresión "coloquial, superflua e impropia dun escrito xudicial". Agora o TC ampara o seu emprego e decreta que o xulgaado violou o dereito á tutela xudicial efectiva.
O orzamento para bibliotecas e arquivos cae un 40%
ANABAD-Galicia denuncia que as contas da Xunta de Galicia "supoñen a asfixia dos centros". O recorte da partida para adquisición de fondos bibliográficos é dun 57%, que os bibliotecarios cualifican de "dramático" e que lles "impíde cumprir a súa función principal de atención aos usuarios"
O PSdeG-PSOE non sairá da reunión coa SEPI até que teña "información clara sobre a burla de Pemex e o dique flotante”
As deputadas no Parlamento, Beatriz Sestayo, e no Congreso, Paloma Rodríguez, serán recibidas polos responsables da SEPI o vindeiro 24 de xaneiro. Din que "os socialistas non vamos permitir máis tomaduras de pelo ao naval”.
Rui Veloso e Chico César protagonizan Cantos na Maré, que celebra o seu décimo aniversario
O concerto terá lugar o sábado 12 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Tamén actuarán Sés e o mozambicano Cheny Wa Gune baixo a dirección artística de Uxía e a musical de Paulo Borges.
Embargo ao patrimonio de Gayoso e Paredes por non depositar a fianza
O xuíz ordena o embargamento de bens mobles e inmobles a estes dous ex directivos de Novacaixagalicia que non fixeron fronte ás obrigas impostas.
Chega 'O Gran Compadre': O primeiro 'reality show' galego
O 15 de xaneiro comeza "o primeiro reality show galego", que promete elixir o novo director xeral de Xuventude. Seis concursantes participarán nunha iniciativa que se presenta dicindo que "habitamos un País raro. Un País no que as galiñas son azuis e os caciques bos".
Convocan concentracións en solidariedade con Hadriám Mosquera "Senlheiro"
Os actos de apoio ao mozo presuntamente relacionado con Resistencia Galega detido en Ames están organizados por Ceivar e terán lugar este mércores ás oito da tarde en Compostela, Vigo, Lugo e Ourense
Os sindicatos galegos apoian a campaña de sancións a Israel polo seu “brutal” asedio a Gaza
UGT, CCOO, CIG, CNT e CUT asinan un manifesto que pide establecer medidas de presión e evitar as relacións económicas, políticas e empresariais con este Estado por vulnerar o Dereito Internacional e incumprir as resolucións da ONU
Os afectados polas preferentes na Mariña denuncian a redución dos laudos arbitrais dende as eleccións
Presentarán mocións en todos os concellos da comarca para que os aforradores recuperen o 100% dos seus cartos e para que teñan acceso gratuito á xustiza no caso de querer presentar un recurso.
ADEGA denuncia un proxecto para buscar 'terras raras' en Castrelo de Miño
Minas y Geología S.L. estuda un xacemento situado entre Castrelo de Miño, Cartelle, Arnoia e Ramirás na procura de litio, estaño, wolframio, tántalo e nioibio. A asociación ecoloxista pide que a ueunta denegue a autorización do proxecto.
"Menos asistencialismo e ladrillo e máis autonomía persoal"
A Federación Vida Independiente (FEVI) e o Foro de Vida Independiente y Divertad consideran errada a política da Xunta orientada ás persoas con diversidade funcional, exemplificada no gasto dun millón de euros no Centro Gallego de Desarrollo Integral ou nos 14 millóns que custou a residencia de Bóveda.