Os sindicatos de NCG chaman a unha manifestación masiva o vindeiro sábado
Piden o apoio dos traballadores e das súas familias contra os plans da entidade galega, de quen critican a "actitude prepotente" dos seus directivos mentres "arruinan a vida de 2.058 familias".
"Larsa quere plasmar fóra o que somos, galegos"
É unha das empresas que identifica a súa marca co uso da lingua galega. Etiqueta no idioma propio e inclúe no seu convenio colectivo os dereitos lingüísticos dos traballadores. Agora, "profunda" nesa galeguización con novas campañas que explica nunha entrevista ao Foro Peinador. Vídeo no interior.
Trinta ex ministros únense para defender a unidade de España e a Constitución
Crean a Fundación España Constitucional, que aposta por defender os valores da Carta Magna e a convivencia entre españois. Ángel Acebes, Elena Salgado ou Martín Villa tamén participan na iniciativa.
A infinita necesidade de Isaac Díaz Pardo
Un acto cívico homenaxea o histórico galeguista no seu cabodano lembrando o inmenso baleiro que deixou no país.
O BNG abre a porta a acordos e aposta por crear "un bloque social" contra a dereita
Guillerme Vázquez amósase disposto "a unir forzas" con outras formacións "máis aló das diferenzas" e sempre que coincidan na defensa "do dereito a decidir".
Novagalicia quere despedir 930 traballadores neste ano
Propón un total de 2.508 despidos até 2017 e o peche de 327 oficinas. Os sindicatos responden coa convocatoria dun paro para o vindeiro luns 14.
O PSdeG-PSOE irá "concello a concello, chiringuito a chiringuito" para completar a querela contra Baltar
Os socialistas persoaranse como acusación na causa aberta contra o ex presidente da Deputación ourensá. Cualifican de inxustiza social que "centos de ourensáns e ourensás teñen que coller a maleta” mentres outros, por só ter vinculación co PP, acadan empregos na administración.
Que haxa twitter en galego depende dos teus votos
A empresa vén de informar ao grupo de voluntarios que colaboran no proceso de tradución do servizo que para poñer en marcha a versión no noso idioma só falta que máis usuarios e usuarias voten as traducións propostas. Para acelerar este proceso creouse o portal Chío!
O BNG reclama os dereitos das traballadoras do fogar
Carme Adán pediu a derrogación do recente decreto que elimina "o logro insuficiente" acadado en 2012 que obrigaba o empregador a asegurar a empregada dende a primeira hora de traballo.
"A Xunta ten que cumprir os seus compromisos coa axuda ao desenvolvemento"
Francisco Solano, da Asamblea de Cooperación pola Paz, forma parte da xunta directiva da Coordinadora galega de ONGDs. Denuncian que o feito de que no 2013 non saian novas convocatorias de proxectos vai significar a paralización da cooperación exterior galega.
Ningún dos concelleiros do PP afíns a Paula Prado arroupou a Ángel Currás na súa comparecencia
O alcalde compostelán só estivo acompañado por catro dos dez edís populares. Este venres Rajoy e Feijoo presiden unha homenaxe a Fernández Albor en Compostela e evitarán calquera encontro con Curras.
A Xunta reduce a achega para cooperación nun 38% e as ONGDs acusan o PP de mentir na campaña electoral
Por primeira vez dende 2005 o Goberno galego non dedicará fondos a novas convocatorias de proxectos de cooperación exterior. A achega total supón apenas o 0,05% do orzamento, lonxe do 0,7 % comprometido para 2017 polos partidos que asinaron o Pacto Galego contra a Pobreza.