A Xunta reduce a achega para cooperación nun 38% e as ONGDs acusan o PP de mentir na campaña electoral
Por primeira vez dende 2005 o Goberno galego non dedicará fondos a novas convocatorias de proxectos de cooperación exterior. A achega total supón apenas o 0,05% do orzamento, lonxe do 0,7 % comprometido para 2017 polos partidos que asinaron o Pacto Galego contra a Pobreza.
Denuncian a Xunta e a Fenosa ante a Fiscalía polo encoro de Frieira
A Asociación Ecoloxista Coto do Frade censura os danos causados no río Miño pola compañía eléctrica "coa conivencia das administracións" e achega datos, informes e imaxes sobre as irregularidades. Piden o "derrube" da presa. Vídeo no interior.
Ángel Currás declárase inocente e di que non ten pensado presentar a dimisión
O alcalde de Compostela e o seu xefe de gabinete están imputados por un presunto delicto de tráfico de influencias no marco da operación Pokémon. Afirma que se o día 17, cando prestará declaración, a xuiza Pilar de Lara toma medidas cautelares contra el, porá o seu cargo a disposición do Partido Popular.
O acordo de Paradores salva do peche os centros de Ferrol e Verín pero mantén os 19 despedimentos no Hostal
Prevese o peche estacional durante catro meses ao ano dos establecementos de Vilalba e Verín, durante tres meses ao ano do de Tui, e do de Monforte durante 40 días. Os traballadores do Hostal denuncian que o acordo non respecta o seu convenio laboral e alertan de que a empresa estatal prepara a súa privatización.
A SGHN alerta dos efectos da rotura da futura balsa de Corcoesto
A entidade cre que en Corcoesto habería "un risco potencial dun verquido que duplicase en volume ao de Aznalcóllar e xerase unha onda de lodos e augas tóxicas considerablemente máis alta e máis rápida e, polo tanto, máis destructiva".
Unha noite de palabra e música para implicarse
Implicadas/os No Desenvolvemento celebra a sétima edición do festival Implícate! Noite de música e palabra solidaria. Será o 13 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, coa participación de Budiño, Sés, Xoán Curiel, Quique Peón, Carlos Negro, Eva Veiga ou Anxo Angueira.
Galicia, a comunidade onde máis sobe o paro no Estado
É unha das catro autonomías con datos negativos ao incrementarse o número de desempregados en 2.251 persoas. O paro baixa en 13 das 17 comunidades e descende en máis de 59.000 persoas en España.
'Unha cesta de pombas e mazás' para Isaac no seu primeiro cabodano
Un acto cívico lembrará a Díaz Pardo este sábado 5 de xaneiro no cemiterio de Boisaca, en Compostela. Participarán Carmen Blanco, Luz Pozo, Claudio Rodríguez Fer, Helena Villar Janeiro, Xesús Alonso Montero, Xosé L. Axeitos, Martiño Noriega ou A Quenlla.
CxG pídelle a Feijoo que eleve o tramo autónomico do IRPF ás rendas altas
A formación cualifica de “claramente ideolóxicos” os Orzamentos, con recortes en lugar de propór alternativas para “incrementar substancialmente os ingresos” e alerta de que estas contas encamiñan Galicia cara ao 25% de paro.
Aymerich subliña que Domínguez busca "renovación" ao deixar a portavocía do BNG en Vigo
O vicevoceiro do Bloque no Parlamento e líder de Abrente sinala que "algúns tentamos convencer" ao ata agora voceiro municipal vigués para que continuase no cargo "pero non foi posible"
Marrocos recibiu con disparos unha comitiva solidaria co Sáhara Occidental
Na delegación, con representantes de Esquerda Unida, Iniciativa per Catalunya, Chunta Aragonesista, UPyD, PSOE, Equo, EH-Bildu e Compromis, participa o coruñés Miguel Picado.
Colle o Vitrasa e ven á festa de Vigo... en Santiago
O 12 de xaneiro celébrase unha festa para vigueses e viguesas en Compostela. Será no pub Tarasca e os seus organizadores animan a "sacar a viguesidade do armario".