O Valedor dirixirase ao Concello de Santiago por excluír o galego no eido turístico
O alto comisionado acepta tramitar unha queixa do BNG compostelán "pola negación do uso do galego" nas redes sociais nas que está presente a empresa municipal de turismo
Os sindicatos de Novagalicia piden que se venda xa a entidade
Aseguran non crer o plan de reestruturación e reclaman interlocutores diferentes. As protestas espállanse a Barcelona, onde delegados sindicais veñen de iniciar un peche de 24 horas nunha oficina.
O TSXG avala a retirada das distincións a Juan Canalejo na Coruña
O alto tribunal ratifica por terceira vez a decisión do antigo goberno bipartito da Coruña, o que obrigará a cambiar dunha vez o nome da rúa dedicada ao falanxista.
O capitán da rescatadora cre que o Prestige puido salvarse meténdoo na costa
Considera "inaceptable" o rumbo fixado polas autoridades españolas ao Prestige e asegura que esperaba a autorización do Goberno para resgardar o petroleiro.
Na busca da supervivencia da RAG
Feijóo reúnese este mércores con Méndez Ferrín na procura dun acordo que incremente a achega da Xunta a unha institución asfixiada. Goberno galego e Estado levan anos reducindo as asignacións á Academia Galega, que precisa cando menos un millón de euros para un funcionamento mínimo que evite despidos.
O 'currículo oculto' da LOMCE desde a Inspección Educativa
Un inspector de educación analiza neste texto algúns dos aspectos máis salientables do proxecto de lei, comezando por dous conceptos que considera "claves": democratización e autonomía na xestión.
A Xunta gastou 200.000 euros en contar as "potencialidades" de Santiago en dous xornais
O Goberno galego asinou dous convenios de pouco máis dun mes de duración para "dar a coñecer" Compostela aos habitantes da cidade a través de espazos mercados na prensa
David Reboredo escríbelle a Willy Uribe dende a cadea
O pasado 27 de decembro -cando o escritor vasco aínda mantiña a folga de fame que finalizou o 1 de xaneiro- o vigués mandoulle unha carta de agradecemento dende o cárcere da Lama. Dille que "imos obrigalos a que teñan que desmontar a inxustiza que cometeron, neste caso comigo, pero outras tantas veces con persoas na miña mesma situación"
Alimentos Lácteos traballa ao 4% da súa capacidade tras os 9 millóns investidos pola Xunta
AGE culpa da situación á "política errática" do Goberno galego, ao que lle pide que dea "explicacións" á "inquedanza" dos traballadores. Os produtores levan catro meses de atraso nos cobros.
O xuíz admite a querela e chama a declarar a Baltar
A Fiscalía ve un presunto delito por 'enchufar' a máis de cen traballadores xusto antes da elección do seu fillo como presidente do PP en Ourense.
Unha investigadora da USC descobre o 'segredo' da escuma de cervexa
Un traballo de Lucía Blasco Otero baixo a dirección do profesor Tomás González Villa vén de identificar por vez primeira unha proteína da levadura Saccharomyces pastorianus implicada na súa estabilización.
A costa virou negra dez anos despois
A acción do artista mallorquín Martí Monjo fixo voar 45 papaventos na praia do Rostro, en Fisterra. O obxectivo era lembrar a catástrofe do Prestige e homenaxear os e as volutarias que traballaron na limpeza da costa