O BNG pide á Xunta que reclame en Madrid a rebaixa do 30% no recibo do luz en Galicia
Lembra os "custos sociais" que supón para o país a produción de enerxía, un 30% máis da que consome.
O TSXG emite a cuarta sentenza contraria á política lingüística do PP
Estima de xeito "contundente" o recurso presentado por CCOO e afirma que "a Administración abdica da súa potestade de programación xeral do ensino".
Os gandeiros arráncanlle a Feijóo un compromiso para subir o prezo do leite
A Xunta comprométese a que se deixe de pagar o produto por baixo do prezo de custo a partir de xaneiro.
A austeridade de Feijoo: o 0,0027%
A CIG salienta que a tan publicitada redución de sete direccións xerais no organigrama da Xunta supón un aforro de 270.000 euros anuais, ou o que é o mesmo: un aforro de 2,7 cenmilésimas no gasto total dos Orzamentos. O sindicato lembra que se crean dúas subdireccións xerais e a Vicepresidencia da Xunta
A privatización da extinción de incendios con helicópteros "busca beneficiar certas empresas"
A Asociación de Traballadores do Servizo de Incendios de Medio Rural denuncia ademais "unha política irresponsable nun tema tan complexo en Galicia, e onde se renuncia de antemán a realizar unha política preventiva"
O PSOE propón que a sanidade figure na Constitución como un dereito fundamental
Rubalcaba deixou caer esta proposta nunha conversa con xornalistas nos actos institucionais do 6D. Os socialistas aseguran que isto protexería a sanidade fronte a futuros intentos de privatización.
O Goberno recorrerá a paga extra dos funcionarios do Concello de Pontevedra
O Goberno municipal de BNG e PSdeG decidiu pagarlles os seus traballadores un complemento de produtividade ante a prohibición de aboar a extra de nadal. A Delegación do Goberno presentará a denuncia, que xa foi apoiada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
O PSdeG pide unha "arbitraxe transparente" para os afectados polas preferentes
Carmen Gallego salienta as denuncias emitidas polos afectados a diario polo “trato discriminatorio na resolución dos casos” entre os que optaran pola vía e reclama ademais “maior dotación de medios humanos e materiais” para os que opten polo sistema de arbitraxe.
Prolingua: "Un zombi percorre o sistema educativo español: o zombi do franquismo"
O colectivo alerta de que a Lei de Normalización "pode ficar en papel mollado" co proxecto de Wert e lembra que "para que non haxa cidadáns de primeira e de segunda", deben crearse "as condicións que permitan vivir en galego coa mesma normalidade que o fai unha persoa castelanfalante".
A Illa de San Simón, ante un futuro incerto
A Xunta suprime a Fundación que xestionaba o espazo, pero non aclara se se manterá a actividade cultural e investigadora que nos últimos anos se levou a cabo na Illa do Pensamento. Ao longo de 2012 pasaron por San Simón máis de 12 mil persoas.
AGE reclama que a Igrexa pague impostos polas súas propiedades
DEmándalle á Xunta que impulse un acordo entre os concellos galegos para que a Igrexa tribute o IBI
O BNG reclamará este 6D a "soberanía" de Galicia cunha "manifestacion virtual"
A formación nacionalista realizará un acto na Alameda de Santiago de Compostela para afirmar que "esta Constitución non nos representa", que acompañará dunha campaña na rede.