"A Xunta promociona o software libre forrando a Microsoft"
A CIG acusa a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de "tentar lavar a súa imaxe" cun premio de 1.000 euros a proxectos de código aberto mentres segue a gastar inxentes cantidades en programas privativos da multinacional fundada por Bill Gates
Os investidores privados de Novagalicia Banco quedan sen nada
O FROB confirma que os actuais accionistas da entidade, Novacaixagalicia e varios investidores galegos, perderán os cartos coa recapitalización.
A Xunta mercou espazos na prensa por 800.000 euros en catro meses
A Secretaría Xeral de Medios, con dependencia directa da Presidencia da Xunta, asinou catorce convenios entre abril e agosto coas principais empresas editoras de diarios impresos para colocar información gobernamental nas súas cabeceiras
A Deputación luguesa pide equipamento para atender infartos no hospital e o PP vota en contra
Os conservadores ampáranse en cuestións formais para rexeitar a iniciativa para reclamar as unidades de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no hospital de Lugo, prometidas por Feijóo
A plataforma contra a suba das peaxes desconfía do desconto no treito Vigo-Pontevedra
O colectivo anticípase ao acordo entre AUDASA e o Ministerio de Fomento para rebaixar o prezo para un grupo de usuarios e advirte que ese desconto "o pagaremos o resto dos galegos" mediante impostos ou mediante o encarecemento do resto da AP9.
9 mil desaloxos despois, Galicia manifestarase contra os desafiuzamentos
O 28 de decembro Compostela, Lugo e Ferrol acollerán marchas esixindo a paralización das execucións e a posta en marcha da dación en pago retroactiva e dun parque de alugueiro social. Tamén se demandarán "responsabilidades xudiciais e políticas" aos responsables desta situación.
Deputados de PSdeG, AGE e BNG traballarán xuntos polos dereitos dos animais
Presentouse o Espazo Parlamentar pola Defensa dos Animais, no que participan representantes dos tres partidos da oposición. Buscarán a reforma da Lei de protección animal, que data de 1993, e loitarán contra “a explotación animal como espectáculo” en circos ou acuarios.
"Queren levar o ouro e deixar os velenos"
A SGHN continúa debullando as características do proxecto mineiro de Corcoesto. Nesta ocasión céntrase nos refugallos e substancias nocivas que a extracción do mineral deixaría na zona.
2012, un ano difícil para os museos galegos
Andrés Rodríguez Morado recolle as opinións dos directores de MARCO, do MAC coruñés e da Cidade da Cultura sobre a situación actual dos seus centros, as tesoiradas ou se existe unha rede colaborativa artística galega. En Emprazarte, o blog de artes visuais de Praza
FARTAS liberan o neno Xesús, que pasa a noite nun caixeiro
A figura foi depositada ás 3.30 da madrugada nun caixeiro de Compostela "como tantos outros cidadáns e cidadás anónimas". O colectivo afirma que "pronto a maioría social demandará unha sociedade igualitaria onde onde ninguén espertará sen casa, sen traballo, sen saúde, sen acceso ao ensino"
Varias manifestacións protestarán este venres contra os desafiuzamentos
Distintas plataformas organizan marchas este 28 de decembro, día dos inocentes, en protesta polos desaloxos e na demanda de solucións coma a dación en pago ou a creación dun parque social de vivendas.
Chega o 'Festival ecuménico da canción atea e libertaria'
A cervexaria Grândola en Ourense acolle este xoves esta cita, máis lúdica que musical, que acada a súa terceira edición, organizada polo Espazo Cultural Aberto.