Os sindicatos consideran "un insulto" a actitude da conselleira de Sanidade e anuncian peches nos centros
Os representantes dos traballadores acusan a Rocío Mosquera de ausentarse da xuntanza na que debía explicar cal vai ser o recorte salarial neste ano, que podería roldar o 8%. Os encerros comezarán o 5 de febreiro.
Morren sete traballadoras nunha fábrica de Bangladesh que produce para Inditex
Esta fin de semana tivo lugar un incendio na factoría, que tamén traballa para KIK e New Look. Catro das mulleres falecidas tiñan só 17 anos. A Campaña Roupa Limpa pídelle á multinacional galega que asine o Acordo de Seguridade nas fábricas.
Traballadores do naval encerran en Navantia as autoridades tras o veto ao dique flotante
Os operarios impiden a saída das instalacións ao director xeral de Industria, ao director xeral da SEPI e aos alcaldes de Ferrol, Narón e Ares logo da comisión que confirmou a negativa á construción do dique na ría de Ferrol.
O veto ao dique flotante dá un novo golpe ao naval, ao que Feijóo encomenda a México
Navantia descarta a construción da infraestrutura porque o seu financiamento sería considerado ilegal pola UE. A Xunta presume de que se "desatascasen" os contratos de Pemex, malia que nunca recoñeceu atrancos, e destaca avances para a construción de 25 buques mexicanos.
Nace a federación galega de festivais de música
O colectivo agrupa 15 eventos que se celebran ao longo do ano en todo o país e ten o obxectivo de promocionar a música galega e a organización de concertos e festivais, con especial atención ás comarcas rurais.
Besteiro aprema a Pachi Vázquez para que acelere a renovación do PSdeG
Presiona para que os socialistas celebren un congreso extraordinario antes do verán e advírtelle ao secretario xeral que o PSOE non aposta por suprimir as deputacións, tal e como el propón.
Uxía e Sés puxeron a música
Na manifestación non se deixou de cantar en ningún momento. Xa na Quintana Uxía e Sés interpretaron dúas cancións que ficaron como un dos momentos máis lembrados na marcha. Vídeo no interior.
CxG propón unha ducia de medidas urxentes para a creación de emprego
A formación pon o énfase na aposta polo emprendemento e a solución ao impagamento da administracións e propón a creación dun contrato de inserción laboral para mozos recen titulados, parados de longa duración e desempregados con perfis específicos
"China non está interesada en exportar o seu modelo nin aspira a exercer a hexemonía global"
Xulio Ríos publica China pide paso, unha análise dos cambios que vive a nova superpotencia, nun momento de cambios políticos e económicos e un novo líder: Xi Jinping
Pachi Vázquez anuncia primarias no PSdeG "antes do verán" para elixir novo líder
O secretario xeral do PSdeG comprométese a que se realicen para que sirvan "de revulsivo" no partido e asegura que "Galicia marcará unha impronta no panorama de toda España".
A galegofobia existe, pero é máis simpática
Praza Pública
A empresa mineira, obrigada a abandonar o seu centro de traballo en Corcoesto
A compañía Edgewater, que proxecta unha mina a ceo aberto na zona, carece de licenza e non pode legalizar as actividades de extracción mineira que leva realizando desde hai anos.