As distincións a Gayoso e Méndez, postas en cuestión en Vigo e na Coruña
O pleno da cidade herculina aproba a retirada do título de fillo predilecto a José Luís Méndez nunha sesión á que asistiu un grupo de afectados polas preferentes. O BNG defende a retirada da medalla de Ouro de Vigo ao exdirector da antiga Caixanova
Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza do idioma
Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info son os impulsores desta nova asociación.
Á mina de Corcoesto sáenlle "amigos"
Créase a asociación Corcoesto Sí, Mina Sí para defender o proxecto da multinacional canadiana Edgewater Exploration. Segue o discurso da empresa e da Xunta e afirma que a explotación creará emprego na comarca.
Profesores da USC denuncian a "perda de recursos, de autonomía e de respecto" na universidade
Un grupo de docentes da USC está a difundir unha análise sobre a lei de orzamentos e o sistema universitario galego. Sinalan que "a perda de calidade, capacidades e oportunidades derivada destas contas" non pode pasar desapercibida.
O paro sobe en Galicia en xaneiro o dobre que no conxunto de España
12 mil persoas inscribironse nas oficinas de emprego o últimos mes deixando a cifra de persoas que buscan traballo en 290 mil, un novo récord histórico. O desemprego crecen un 4,31% en xaneiro en Galicia mentres que no conxunto do Estado a suba foi do 2,72%
Alberto Lema e Samuel Solleiro, protagonistas do número 20 de Protexta
A revista de libros de Tempos Novos chega esta semana aos quioscos. As letras das cancións de Emilio José ou Das Kapital, o teatro de Díaz Pardo ou os dous últimos libros de Camilo Nogueira completan a entrega de inverno da publicación.
CxG pide "unha solución política" para as preferentes
O vindeiro martes celebrará un acto informativo aberto en Ponteareas, coa participación de Xoán Antón Pérez Lema, secretario de Agaprofi (Asociación Galega de afectados polos produtos financieiros ), Manuel Pérez Arias, Presidente de Agaprofi e Sandra Arauxo, de Compromiso.
O BNG acusa a Feijoo de carecer de estratexia para o turismo galego
A formación denuncia que os datos de 2012 foron "os peores da última década" e lembra que Galicia perdeu o dobre de viaxeiros que a media española
Rubalcaba pide a dimisión de Rajoy
O secretario xeral do PSOE afirma que o presidente do Goberno "non pode facer fronte á situación que atravesa España". Este sábado tamén Cayo Lara propuxo levar ao debate sobre o estado da nación unha resolución de reprobación para pedir a súa dimisión e a convocatoria de eleccións anticipadas
O Salón Teatro foi a casa das artes escénicas... por ocupación
Á representación d'O método Grönholm, de Talía Teatro, este sábado pola noite seguiulle a celebración dunha asemblea para analizar a situacion das artes escénicas en Galicia á que asistiron medio cento de profesionais. A Xunta negáralles en varias ocasión o uso deste espazo público.
"Mariano Rajoy sería un bo Anthony Perkins"
Pouco antes de rematar o ano Franc3s publicaron o seu segundo álbum, Campanas de fuego rosa. Máis ruido, máis distorsións, máis referentes e fetiches coñecidos. Un disco máis maduro, coa produción de Rodrigo Caamaño (TAB) pero sen as destacadas colaboracións do seu álbum de debut.
Os papeis de Bárcenas sitúan Galicia entre os principais 'recadadores' para o PP nos noventa
Nas anotacións da suposta caixa b destacan os ingresos procedentes de Galicia entre 1997 e 1998 que suman 115 mil euros. E tamén os 126 mil de Pablo Crespo entre 1999 e 2000.