Os Nóbel Ei-ichi Negishi e Tim Hunt ofrecerán senllas conferencias en Compostela
Foron premiados pola Academia sueca nos campos de Química en 2010 e de Medicina 2001 e estarán na Cidade da Cultura no Programa ConCiencia de Divulgación científica.
Nove anos despois, aínda non chegou a xustiza para José Couso
O 8 de abril de 2003 morría José Couso. Nove anos despois, familiares e amigos seguen pedindo xustiza e a resolución dun caso con moitos puntos non explicados e #JusticiaparaCouso é trending topic en España. O vindeiro domingo está convocada unha concentración diante da Embaixada dos Estados Unidos en Madrid.
Toussaint, Louçã ou Berzosa debaterán en Pontevedra sobre Europa
A 29ª edición da Semana Galega de Filosofía de Pontevedra comeza este luns e durante cinco días xirará ao redor do concepto de Europa. Éric Toussaint, Carlos Berzosa, Joaquín M. Valdivielso Navarro, Giacomo Marramao ou Francisco Louçã achegarán a súa visión, canda a outros investigadores de Galicia e España. Nesta edición, ademais, dúas das conferencias celebraranse na Coruña
Queres ser produtor do segundo disco de Galician Bizarre?
O segundo compilatorio de bandas galegas bizarras financiarase a través de crowdfunding. O obxectivo é reunir 2500 euros antes do 14 de maio para facer unha edición de 525 copias en vinilo. Unha achega de 10 euros dá dereito a un disco e unha de 350 a vinte copias e un concerto privado de Rafa Anido.
Esculca denuncia a vulneración dos dereitos das persoas presas na Lama
O Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades denuncia o "deterioro" da situación dos presos e presas nesa cadea, coincidente -din- "co nomeamento de un novo Subdirector de Seguridade e a introducción de métodos expeditivos para abordar os problemas de convivencia"
Os traballadores e traballadoras dos centros de Benestar inician mobilizacións
Denuncian a eliminación de setenta empregos e a degradación do servizo. O luns 9 comezarán unha recollida de sinaturas, así como asembleas nos centros que levarán a protestas máis xerais a finais de abril
Últimos días para enviar textos ao certame de artigos xornalísticos normalizadores
Até o luns 9 de abril pódense enviar as pezas, que deben xirar ao redor da lingua galega. Outorgarase un premio de mil euros ao artigo gañador, que tamén será publicado nos once medios que colaboran coa iniciativa, entre eles Praza Pública.
"É o momento de tomar decisións e a Xunta debería asumir as súas responsabilidades"
Mónica Arto, secretaria comarcal de Verdegaia e membro da xunta consultiva do Parque Natural das Fragas, falou para Praza na concentración que o luns á tardiña tivo lugar en Pontedeume. Vídeo no interior.
A Deputación de Pontevedra aproba un convenio publicitario de 200 mil euros con La Voz
A Xunta de Goberno do organismo provincial do 23 de marzo contratou sen publicidade a inserción de anuncios nos distintos medios impresos, dixitais radiofónicos e televisivos do grupo Corporación Voz de Galicia, S.L.U. O obxectivo é a "difusión das actividades da Deputación de Pontevedra".
"Quen quere aforrar cartos en protexer a terra ten responsabilidade"
Praza estivo nas Fragas do Eume cando xa pasara o peor do lume e falamos con veciños e activistas. Por que se queimaron? Quen son os responsables? Que se debe facer para recuperalas? A Plataforma para a Defensa das Fragas crea unha lista de voluntarios e voluntarias para colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do lume e este mércores entregaralle ao director do Parque Natural un documento con oito reivindicacións concretas para a Xunta.
Pontedeume dixo: "Lumes nunca máis"
Case un milleiro de persoas participaron este luns nunha asemblea cidadá para constituír a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume. Foron moitos os cidadáns, membros de colectivos ou a título individual, que quixeron compartir as súas preocupacións e a súa opinión sobre o sucedido, sobre os responsables da catástrofe e as posibles solucións.
Un kilómetro, cen euros
A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas organiza unha maratón na Coruña o vindeiro 15 de abril e puxo en marcha unha iniciativa de crowdfunding para recadar cen euros por cada un dos 42 kilómetros. Un total, queren obter 4.200 para mellorar a actividade asistencial ás persoas que sofren lupus, esclerose lateral amiotrófica, ataxia, fibrosis quística, linfedema, retinose pigmentaria, Arnold-Chiari e esclerose múltiple. Os mesmos 4.200 euros nos que, denuncian, se recortaron as subvencións públicas que recibían.