CIG e CC.OO. esíxenlle a Educación que rescinda os concertos cos centros que segregan por xénero
Os sindicatos apóianse nas dúas sentenzas do Tribunal Supremo que confirman a ilegalidade destes acordos. A central nacionalista propón que os cartos que agora se destinan a estes centros privados se destinen ás escolas e institutos públicos.
A Mostra de Teatro de Cee despídese para sempre por falta de apoios
Talía, organizadora das últimas edicións, deixará de facerse cargo do evento, que chega á 25ª edición, aludindo á falta de colaboración das administracións. A compañía abrirá e pechará a mostra, que comeza este xoves e rematará o domingo
Para cando o 'Apalabrados' en galego?
O popular xogo para dispositivos móbiles, con máis de dous millóns de usuarios en todo o planeta e dispoñible en doce linguas, entre elas o catalán e o euskera, podería ter en versión en galego en breve, pois o fabricante, Etermax, atópase en contacto coa Real Academia Galega
Denuncian que a documentación do Consello Soberano de Asturias e León "apodrece" en Ferrol
Os papeis oficiais do goberno autónomo, con capital en Xixón, e do que fan 75 anos este sábado, estarían depositados no arquivo militar da cidade departamental, segundo os descendentes dos líderes republicanos que gobernaron a rexión unha vez que foi illada polas tropas fascistas.
Galicia despediu a Pousa Antelo en Teo
Ao longo do día moitísimas persoas pasaron pola capela ardente instalada na Ramallosa, en Teo, para homenaxear o mestre, agrarista e galeguista barcalés. A xornada completouse cun emotivo acto de homenaxe pechado cun longo e sentido aplauso.
EU e FPG concordan en que “por riba da cuestión nacional, está o problema de clase”
As dúas formacións políticas celebraron un encontro este martes e coincidiron "na necesidade de artellar unha ferramenta capaz de responder ao estado de quebra que afecta á maioría social"
O SLG pídelle a Mercadona que cumpra a súa promesa de subir o prezo que paga polo leite
A cadea comprometeuse a ofrecer 1,5 céntimos máis por litro aos gandeiros da Terra Cha. O sindicato denuncia que as explotacións están recibindo 27 céntimos por litro (un 5,5% menos que a media española), con custes de produción de 37 céntimos.
O PP di que o adianto en Euskadi "non condiciona a Feijoo", pero non aclara a data das eleccións
Pedro Puy convocou unha rolda de prensa urxente para afirmar que o anuncio realizado por Pachi López non influirá na decisión que se tome en Galicia. O PSdeG-PSOE esíxelle ao presidente da Xunta que "remate coas especulacións", e o BNG pídelle que dea marcha atrás no "pucheirazo". Para que as eleccións galegas coincidan coas vascas, Feijoo debería disolver o Parlamento antes do vindeiro martes.
Un festival apoia o Ateneo Ferrolán ante os intentos do PP de arrebatarlle o seu edificio
Celebrarase este xoves nos Cantóns de Molíns da cidade e denunciará os intentos do Goberno municipal de reducir drasticamente os espazos que ocupa a institución, creada en 1879, nun edificio cedido indefinidamente polo Concello en 2008.
Vázquez Pintor escríbelle a Pousa Antelo
Xosé Vázquez Pintor envía este poema, co que quere despedirse e lembrar o mestre falecido este luns.
ADEGA denuncia un plan da Xunta para abastecer de auga A Coruña dende unha balsa mineira
O Goberno galego ten en exposición pública un proxecto para conectar unha balsa con verquidos de Meirama co río Barcés, que desemboca no encoro de Cecebre, que subministra auga á cidade herculina. O plan, ademais, inclúe unha minicentral hidroeléctrica, que para os ecoloxistas é a verdadeira razón de ser do proxecto.
Descobren na Cova Eirós a mostra de de arte rupestre máis antiga do noroeste peninsular
As pinturas e gravados atopados teñen ao redor de 30 mil anos. A presenza de evidencias de arte rupestre paleolítica supón a declaración de cova de Triacastela como Ben de Interese Cultural (BIC).