Novo veto a bandeiras nacionalistas nun partido do Obradoiro
Afeccionados do equipo santiagués denuncian que lles foi retirada unha 'estreleira' no Multiusos Fontes do Sar. É o segundo veto a estes símbolos en menos dun mes.
Milleiros de berros en Galicia contra a violencia machista
Diversos actos reclamaron en todo o país máis recursos para as vítimas de malos tratos e para a sensibilización. "Son insuficientes", asegura a Marcha Mundial das Mulheres.
O argumentario do PP contra a sentenza do decreto: 'Aquí non pasa nada'
A Xunta obvia calquera autocrítica nos argumentos que reparte entre os seus para analizar o veto aos principios fundamentais da súa política lingüística por parte do TSXG.
A oposición critica a Xunta por "chamar á insubmisión" co decreto do galego
PSdeG e BNG insisten en reclamar a derrogación do decreto do plurilingüismo e a destitución do conselleiro de Educación.
Beiras carga contra o Parlamento por tratar a AGE como "intruso"
O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda acusa a Cámara de funcionar de maneira "caciquil" e de discriminar a coalición no reparto de dependencias. Os representantes nas comisións parlamentarias redúcense a 12, cun único representante para AGE e BNG.
Admitido a trámite o recurso da Xunta contra a supresión das primas a renovables de Rajoy
O Tribunal Constitucional admite os recursos de inconstitucinalidade de Galicia e Estremadura, ambas as dúas comunidades gobernadas polo PP.
O TSXG anula a consulta ás familias para a elección de lingua no ensino infantil
O TSXG afirma que a Administración non pode “abdicar” das súas responsabilidades e que a elección de lingua no ensino fica “fóra” da “esfera de elección dos pais”. A sentenza tamén salienta que que o galego debería ter “un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable” para garantir a igualdade entre os dous idiomas oficiais.
O BNG alerta de que "o gran desafiuzamento dos gandeiros está por chegar"
A formación nacionalista denuncia que o sector leiteiro perdeu un 43% do seu poder adquisitivo nos últimos 5 anos. Representantes de Unións Agrarias concentráronse esta mañá na Delegación do Goberno na Coruña.
A Asociación Roberto Vidal Bolaño sobe o pano
O colectivo está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco, que impulsarán un programa de actividades de difusión da figura e da obra do dramaturgo.
A Xunta financiará os contratos dos programas 'Ramón y Cajal' e 'Juan de la Cierva'
A Consellería liberará ás universidades e centros galegos que acollan os bolseiros de pagar o complemento das axudas convocadas polo Ministerio de Economía. O obxectivo é que Galicia mellore nos ranquins internacionais de investigación
AGE esixirá a comparecencia de Feijoo no Parlamento para que se posicione sobre a LOMCE
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz cualifican a lei de educación proposta polo PP como “regresiva, antidemocrática e devólvenos aos tempos de Franco” despois dunha xuntanza con representantes da Plataforma pola Defensa do Ensino Público.
Guindos, o peor ministro de Economía de Europa segundo o Financial Times
A clasificación está encabezada polo alemán Wolfgang Schaeuble. Os responsables do estudo salientan que o responsable español de finanzas "segue infravalorando a importancia da burbulla inmobiliaria e da crise"