Pachi Vázquez promete impedir a "xestión privada" no hospital de Vigo
O candidato socialista á Xunta nega "traumas" en Galicia pola xestión do bipartito: "ninguén se suicidou por iso", ilustra
E despois do 25S, o 26S
A partir das sete da tarde está convocada unha nova concentración nos arredores do Congreso, anticipo dunha manifestación que terá lugar o sábado. Este mércores tamén se celebrarán actos de apoio na principais cidades galegas. Crecen as denuncias pola violencia policial e pola presenza documentada de infiltrados da policía co obxectivo de xustificar as cargas.
O Goberno conxelará o soldo dos funcionarios un ano máis
É unha medida incluída nos Orzamentos Xerais de 2013 que se presentarán este xoves. Tamén se bloquea a oferta de emprego público.
Compromiso muda de imaxe para "escoitar a cidadanía"
CxG presenta novo logotipo e lema, A túa voz, que encabezará a campaña electoral da formación encabezada por Xoán Carlos Bascuas
'Para facerlles frente', lema do BNG na "campaña da rebeldía"
Os nacionalistas celebran o seu trinta aniversario o vindeiro domingo, cunha convención nacional protagonizada polos seus candidatos ao Parlamento
Un xuíz decidirá o destino de milleiros de libros do fondo de A Nosa Terra
A editora, en proceso concursal, foi vendendo lotes de libros nos últimos meses, pero este xoves os que quedan serán precintados por orde do xuíz, que nas vindeiras semanas ou meses decidirá o seu destino.
O BNG de Ourense propiciará o cesamento do seu edil detido se é imputado
O Bloque ourensán garante "coherencia" nas súas decisións sobre Fernando Varela, de cuxa inocencia "estamos certos" mentres o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, seguirá no cargo cando menos ata o xoves, cando o someterá á decisión da asemblea local do PSdeG
A máquina do tempo: O libro reinvéntase
Trátase dun disco-libro autoeditado polo poeta Juan Carballo, a ilustradora Nuria Diaz e o músico Ramón Núñez e que contou coa colaboración de Guadi Galego ou Guillerme Fernández.
A editorial Biblos reúne nun volume relatos dos autores gañadores do seu premio de novela
A Casa do Libro de Vigo vai acoller o xoves 27 a presentación de Sete de Biblos, obra que recolle cadanseu relato das cinco autoras e dous autores que gañaron as primeiras edicións do Premio Biblos-Pazos de Galicia. Agustín Fernández Paz participará na presentación do libro.
Europa camiña cara ao Open Access na investigación
A pasada semana celebrouse en Helsinki o Open Knowledge Festival, no que a Unión Europea reafirmou o seu compromiso de que no 2020 todas as publicacións cientificas serán de libre acceso
A rabia toma as rúas no 25S
Milleiros de persoas rodean de forma pacífica o Congreso durante horas. Televisións de todo o mundo transmiten as cargas da policía, que deixaron 36 detidos e 50 feridos. Tamén houbo manifestacións ante os parlamentos catalán, andaluz e galego. En Santiago varios centos de persoas concentráronse no Hórreo. Fotogalería no interior.
A dirección do PSdeG procura a marcha do alcalde de Ourense, que xa non conta co BNG
O Bloque ratifica que deixa o goberno ourensán pola resistencia de Francisco Rodríguez a dimitir mentres Adolfo Gacio (PP) deixa a alcaldía de Boqueixón pero continúa como concelleiro. O xefe da policía local ourensá, novo detido no marco da operación Pokemon.