O PSdeG acusa a Feijóo de "desaparecer" durante o incendio do Barco
Abel Losada lamenta que "non fose tan dilixente como en 2006, cando cooperou coa extinción de incendios”, mentres amosa a imaxe do presidente apagando un incendio cunha "mangueiriña". O voceiro socialista cre que o lume en Valdeorras demostra "o fracaso da política preventiva da Xunta".
Un incendio na Veiga obriga ao desaloxo dos veciños
Un incendio fóra de control obriga ao desaloxo dos veciños da Veiga (O Barco). En breves momentos, máis imaxes e toda a información en Praza.
As galegas Toro e Echegoyen aseguran medalla en vela
A coruñesa e a pontevedresa clasifícanse para a final da clase Elliott logo de impoñerse a Rusia e despois de que a falta de vento a piques estivese de eliminalas.
Os sindicatos vólvense mobilizar contra os recortes e "o saqueo ao pobo"
Centos de persoas saíron á rúa en varias comarcas para volver denunciar os axustes do Goberno, que consideran "a consecuencia do millonario rescate á banca".
A petroleira Pemex investirá 57 millóns de euros no porto exterior da Coruña
Instalará unha planta de mestura de hidrocarburos que ocupará tres hectáreas, segundo confirmou Feijóo tras a súa xuntanza co director xeral da compañía mexicana. A firma azteca non aclarou nada sobre a construción de buques aztecas nos estaleiros galegos.
A creación de empresas en Galicia cae un 6,6%, as disolucións soben un 27,7%
Creáronse 367 compañías no pasado mes de xuño, 24 menos que no mesmo mes do pasado ano. O descenso no Estado foi do 1,1%.
A UE ofrece dous millóns de axuda para recolocar parados do naval galego
A Comisión Europea propón unha achega que pretende atopar un novo emprego a 450 traballadores galegos da industria auxiliar dun sector "que sufre gravemente crise e que deslocalizou a súa actividade".
A compravenda de vivendas en Galicia cae un 20%, case oito puntos máis que a media estatal
Do conxunto de operacións, o 57,74% foron realizadas sobre vivendas de primeira man e o 42,26% sobre inmobles usados.
A praza de touros de Pontevedra 'pecha' en protesta pola "tortura animal"
O colectivo Touradas Fóra de Pontevedra cerra simbolicamente o coso da cidade pontevedresa e reitera a súa petición da "abolición das touradas e pedir a conversión das prazas en coliseos de uso cultural, social ou deportivo".
Beiras non descarta que Anova e Esquerda Unida acudan xuntas ás eleccións autonómicas
Aclara que haberá que agardar ao que decidan as asembleas, pero asegura que entre "as hipóteses de traballo" do movemento está a de "abrir un proceso de interlocución" coa coalición. Tampouco rexeita retomar as conversas con Compromiso e reclama "unha fronte electoral ampla".
Compromiso protesta nas peaxes contra a suba do seu importe
Varios membros da formación nacionalista reparte información aos condutores con alternativas á suba das taxas. A Garda Civil identificou o secretario xeral do partido, Xoán Bascuas.
Beiras define a planta de Reganosa como "un crime político"
O voceiro de Anova reclama a execución da última sentenza do Supremo, que declara a ilegalidade da planta, e di que a regasificadora "é unha ameaza permanente e unha barbarie".